- Temas
PARA QUE (FINALIDADE):
Sumarse ao programa Apego de dinamización lingüística
QUEN PODE FACELO:
Familias que estean agardando un bebé ou que teñan crianzas de 0 a 6 anos e que estean empadroadas no Concello de Ames
COMO SE FAI:
- Cubrir o formulario Súmate ao Apego.
- Desde o Servizo de Normalización Lingüística concertarase unha cita para explicar en que consiste o programa e os recursos que ofrece para as familias.
- Nesa cita formalizarase a inscrición no programa.
CANDO:
- Todo o ano
ONDE:
- A través do formulario electrónico
- A través do apartado Súmate da páxina web http://apego.gal/
PREZO:
- De balde
DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:
CONCELLARÍA RESPONSABLE:
NORMATIVA APLICABLE
- Ordenanza de impulso do uso do galego no Concello de Ames
INFORMACIÓN SUPLEMENTARIA
- Máis info http://apego.gal/
Súmete ao apego, sumádevos ao apego
Para as familias que queredes que a lingua galega forme parte da vosa vida, creamos o Proxecto Apego, para axudar a socializar en galego os nenos e nenas desde o nacemento e ata os 6 anos.
Podedes solicitar máis información enchendo este formulario.
Unha vez cuberto e recibidos os datos, desde o Servizo de Normalización Lingüístca (SNL) porémonos en contacto con vós para concertar unha cita, falarmos, explicarvos o proxecto e para que poidades inscribirvos formalmente e recibirdes os materiais de benvida.