Presencial
Online
Telefónico
Sede Electrónica
Xoves, 27 xaneiro, 2022
- Temas
Tramite activo:
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE):
- Obter licencia para poder posuír un can potencialmente perigoso.
QUEN PODE FACELO:
- Aquelas persoas que teñan un can potencialmente perigoso e que sexan maiores de idade. Deberá solicitarse no concello de residencia do propietario do animal, pese a non ser coincidente co concello de residencia do animal.
COMO SE FAI:
- Cubrir a instancia correspondente de licencia de animais potencialmente perigosos.
- Aportar toda a documentación que indica a instancia específica.
- Darlle rexistro, presencial ou telemático.
CANDO:
No momento que se pase a ser posuidor dun can potencialmente perigoso.
ONDE:
- Sede Electrónica.
- Presencialmente: No Rexistro municipal / No departamento de Medio Ambiente.
- A través do formulario electrónico.
- Por teléfono: 981 883 002 Extensión 5178.
DOCUMENTACIÓN:
- Fotocopia compulsada do documento de identidade.
- Fotografía tamaño carné para a súa colocación na tarxeta acreditativa da licenza.
- Certificado de antecedentes penais. No caso de que o interesado posúa antecedentes penais deberá aportalos pola súa conta, ben solicitándoos presencialmente ou telemáticamente á Xerencia territorial de Xustiza de Galicia.
- Xerencia Territorial de Xustiza de Galicia.
- Non ter antecedentes por infraccións graves ou moi graves da Lei 50/1999 do 23 de decembro con algunha das sancións accesorias das previstas no apartado 3 do artigo 13. - Lugar de obtención do certificado (tamén pódese obter por correo): Delegacións provinciais da Consellería de Medio ambiente (A Coruña: 981-18.45.39/981- 18.45.85, Lugo: 982-29.45.22, Ourense: 988-38.65.68, Pontevedra: 986-80.54.69).
- Certificado de capacidade física e aptitude psicolóxica, expedidos polos directores dos centros de recoñecemento que estean debidamente autorizados (RD 2272/1985 do 4 de decembro e RD 772/1997 do 30 de maio) ou fotocopia compulsada..
- Documento acreditativo de formalización dun seguro de responsabilidade civil, cunha cobertura mínima de 125.000,00 euros ou fotocopia compulsada. Este seguro debe renovarse anualmente. E Fotocopia compulsada do resgardo de pago bancario do seguro de responsabilidade civil, cunha cobertura mínima de 125.000,00 euros.
PREZO:
De balde
TÉCNICO RESPONSABLE:
Victoria Arufe
NORMATIVA: