Solapas principales

Aula de Informática do Milladoiro

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesía do Porto s/n. 15895. O Milladoiro
    • Teléfono: 981 535 940
    • Horario de atención al público:
    • Aula de informática de O Milladoiro:
      • De lunes a jueves de 16:00 a 20:00h y los  viernes de 9:30 a 13:30h.
      • En el verano el horario del Aula de informática de O Milladoiro es de 10:00 a 13:00h.
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura y Tecnologías de la Comunicación
    • Responsable técnico: Almudena Caamaño Rodríguez, animadora sociocultural
Otros Datos: 

Noticias del departamento

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (AMTIC) presentou esta mañá os novos cursos de informática para o desenvolvemento dixital no medio rural, que se van a levar a cabo durante os meses de outubro, novembro e decembro nas parroquias de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Augapesada, Covas, Tapia, Ameixenda e Ortoño. A formación, que é de balde, inclúe 25 horas de clases prácticas, que se desenvolverán en clases de dúas horas, un día á semana. As inscricións deben facerse chamando aos números de teléfono 615 401 264 ou 626 540 755. As prazas son limitadas, e diríxense a persoas con coñecementos básicos de informática.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a AMTIC, dependente da Concellería de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, abre as súas portas á veciñanza tras reformar e modernizar os equipos da aula, ampliando de paso os horarios de Aula Aberta, o número de postos e a proposta formativa, que irá unida á xa ofertada na Aula CeMIT de Bertamiráns. Neste senso, xa están abertas as inscricións para participar nos obradoiros que se desenvolverán en maio e en xuño, tanto en liña como na propia aula. O novo horario de Aula Aberta da AMTIC, situada na Casa da Cultura do Milladoiro, é de luns a venres, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Preme aquí para consultar a programación formativa da AMTIC ao completo.

O alcalde de Ames e responsable da área de novas tecnoloxías, Blas García, entregou os diplomas do curso básico de informática para a adaptación dixital. Esta actividade realizouse na aula AMTIC, do 11 de marzo ao 17 de abril. Tivo unha duración de 20 horas e participaron 12 persoas. Este curso estaba dirixido a persoas con coñecemento básicos de informática e os seu principal obxectivo foi facilitar a utilización de medios dixitais, para que as persoas asistentes superen as barreiras dixitais e se sintan cómodas e seguras no seu uso.

A Aula de Informática do Milladoiro ven de publicar a súa memoria anual do ano 2019, na que se reflicte que foron dados de alta 20 novos socios, ademais de contabilizar un total de 1137 usuarios da Aula. Ademais, 122 persoas asistiron a algunha das xornadas ou obradoiros que desenvolve a aula trimestralmente. Isto supón un aumento do número de persoas asistentes ás actividades, en concreto, 30 máis que o ano 2018.

Este xoves, 17 de novembro, clausuráronse no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro os primeiros cursos do segundo módulo de alfabetización dixital no rural. A concelleira de Cultura entregoulle os diplomas de asistencia a estes cursos aos veciños e veciñas de Agrón, Trasmonte, Bugallido e Biduído. Arredor de 30 persoas participaron nestas actividades que comenzaron en outubro e que remataron o 16 de novembro, no que estiveron reforzando os coñecementos recibidos na primeira parte deste curso, realizado no 2021, e aprenderon novos temas relacionados coa xestión de arquivos, ofimática, tratamento de imaxes, correo electrónico, redes sociais, uso de dispositivos móbiles, entre outros temas.

Eventos del departamento

Tras abrir as súas portas o pasado martes, a Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a AMTIC, comeza o seu programa de actividades para maio e xuño co coloquio “Neurohacking: a pandemia invisible”, unha proposta sobre ciberseguridade na que coñecer os riscos derivados do uso diario de Internet. Será este xoves 5 de maio na Casa da Cultura do Milladoiro, de 18:00 a 19:00 horas. A charla estará conducida polo experto Nacho Álvarez, formado en Investigación Privada e Criminoloxía e con experiencia na Secretaría do Estado de Seguridade ou en Telefónica. A entrada será libre e de balde ata completar aforo.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) organiza unha xornada de ciberseguridade para este xoves, 17 de novembro, ás 17.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. A entrada é de balde ata completar aforo. Ademais, clausúranse os primeiros cursos do segundo módulos de alfabetización dixital no rural. Entregaráselle os diplomas de asistencia a estes cursos, aos veciños e veciñas de Agrón, Trasmonte, Bugallido e Biduído. Arredor de 30 persoas estiveron participando nestes cursos que comenzaron en outubro e que rematan o 16 de novembro.

O obradoiro terá lugar na Aula de Informática do Milladoiro, situada na Casa da Cultura do Milladoiro. Está destinado a nenos e nenas de entre 9 a 12 anos.

Require inscrición previa enviando un correo a informatica.milladoiro@concellodeames.gal.