O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organizou este domingo, 9 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Nesta proba que se desenvolveu no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participaron os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. O piloto amesán, Alex García, gañou en categoría elite. Na categoría de féminas a gañadora foi Aroa Castromán Figueira. Participaron 51 pilotos repartidos en sete categorías, dos cales remataron 48. Descarga as clasificacións da proba.