Solapas principales

Departamento de Turismo

    • Dirección: Casa do Concello. Praza do Concello, número 2, Bertamiráns.
    • Teléfono: 981 88 30 02, extensión 9966.
    • Horario de atención al público: 09:00 a 14:00h.
    • Responsable municipal:
    • Responsable técnico:
      • Sonia Moure Oliveira, técnica de turismo.

Noticias del departamento

Os pasados sábados 9 de abril e 14 de maio, a parroquia de Ortoño, coa colaboración da Concellaría de Turismo, vén de percorrer a terceira e a cuarta etapa da ruta de peregrinación “Ría de Muros-Noia”. As persoas participantes andaron en abril uns 15 quilómetros de Outes a Noia, mentres que esta pasada fin de semana continuouse dende a vila noiesa ata Sedofeito, no concello de Lousame.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle ata o 26 de decembro unha exposición itinerante do Camiño de Fisterra e Muxía. A mostra pódese visitar en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Cómpre destacar que o sábado 24 e mailo domingo 25 de decembro a Casa da Cultura de Bertamiráns estará pechada. Tras estar en Ames a mostra continuará a súa itinerancia polos concellos de Cee, Corcubión, Dumbría e Fisterra. O director da mostra, que está organizada por Expogal, é Pepe Barro, deseñador e autor do proxecto Até o Fin. O deseño correu a cargo do arquitecto, Mario Crecente, e as imaxes son do fotógrafo Álvaro Arribi. As persoas que visiten a exposición poderán facer achegas sobre o Camiño na web www.ateofin.gal ou a través do correo electrónico asociacion@ateofin.gal.

A Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames, organiza a cuarta edición do concurso de fotografía Enfoca Ames,  cuxo obxectivo é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega está aberto ata o 10 de novembro de 2024. As fotografías teñen que ser enviadas xunto coa ficha de inscrición por correo electrónico ao enderezo enfocames@gmail.com

A Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames, organiza a terceira edición do concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo deste certame é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega das imaxes remata o 11 de xuño de 2023. As fotografías teñen que ser enviadas xunto coa ficha de inscrición por correo electrónico ao enderezo enfocames@gmail.com.

O vindeiro 16 de outubro a gran final do torneo celebrarase no Real Aeroclub de Santiago, na parroquia de Piñeiro, a portas abertas. O obxectivo é achegar os Camiños de Santiago que pasan polo norte de España aos amantes do golf. O campionato desenvólvese en catro fases celebradas en País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia. Para participar, pódese consultar na súa páxina web.

O concelleiro de Turismo, Manuel Lens, acudiu, o pasado 19 de maio, á Feira Internacional de Turismo para presentar o Camiño de Santiago da Ría Muros-Noia, ruta que pasa polo Concello de Ames. No evento, o edil estivo acompañado polo experto en turismo Fernando Valmaseda, o concelleiro de Turismo de Santiago, Gumersindo Guinarte, la alcaldesa de Muros, Ines Monteagudo, o vicepresidente da Diputación, Xosé Regueira, e delegado de la Xunta en la provincia de A Coruña, Gonzalo Trenor.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu xunto co alcalde de Ames, Blas García, a presentación das Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino da Garda Civil que estarán despregadas ao longo dos diferentes itinerarios do Camiño de Santiago. A subdelegada informou que as OMAP ́s estarán activas durante os meses de maior afluencia de peregrinos no Camiño de Santiago, desde o día 28 de xuño ata o 1 de novembro.

O vicepresidente e responsable provincial de Turismo, Xosé Regueira, anunciou esta mañá no Concello de Ames que a Deputación está iniciando a posta en marcha dun novo proxecto singular turístico ao redor da Depresión Meridiana. Esta proposta, que involucra a varios concellos da provincia, foi o principal punto de traballo da xuntanza mantida esta mañá entre Xosé Regueira e o alcalde de Ames, Blas García, e na que tamén participaron o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, o tenente de alcalde de Ames, David Santomil, e o concelleiro de Turismo, Manuel Lens, entre outros concelleiros e concelleiras do goberno municipal.

Este mércores, 23 de febreiro, os cafés que se poñan nos bares e cafetarías de Ames irán acompañados de versos de Rosalía. Durante a xornada de hoxe repartíronse nos locais de hostalaría unhas tarxetas con versos rosalianos, previamente escollidos polo poeta amesán Carlos Negro. Café con verso busca difundir a obra, o pensamento e a figura de Rosalía ao tempo que se promove a hostalaría amesá. Ademais, o alumnado que é usuario da Rede municipal de comedores escolares xantará mañá caldo galego, que se enmarca dentro da iniciativa Caldo de Gloria.

Con motivo da celebración do Día de Rosalía  o Concello de Ames volve a sumarse á iniciativa Café con verso para rendirlle homenaxe á escritora. Deste xeito, entre os días 22 e 26 de febreiro (ámbolos dous incluídos), repartiranse nos locais de hostalaría unhas tarxetas con versos rosalianos para difundir a súa obra, pensamento e figura. Por outra banda, tamén se propón, nesas mesmas datas, servir o caldo que a autora describe no poema Miña casiña, meu lar co galo da iniciativa Caldo de Gloria da Fundación Rosalía de Castro. Así, os establecementos que participen recibirán tamén manteis de papel nos que se plasme ese mesmo poema. Todas as cafeterías, bares e restaurantes de Ames que queiran unirse a calquera das dúas iniciativas poden facelo enviando este formulario ao enderezo electrónico turismo@concellodeames.gal.

Eventos del departamento

O Concello de Ames programa para o sábado 14 de setembro unha saída pola ruta rosaliana que transcorre polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. Trátase dun itinerario que segue o trazado orixinal proposto por Avelino Abuín de Tembra na década dos noventa, actualizado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, no ano 2017, e presentado na feira de turismo Fitur en colaboración con esta entidade, convertido nun proxecto turístico intermunicipal denominado “As Pegadas de Rosalía”, en xaneiro do ano 2018