Actualidade
A Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración co Concello de Ames organizan o primeiro concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo desta nova iniciativa é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega das imaxes vai do 13 ao 25 de maio de 2021.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, volve a incidir na importancia que ten facer unha correcta xestión dos residuos. Nos últimos tres meses detectouse un incremento no número de vertedoiros incontrolados atopados en pistas forestais. Estes actos incívicos poden supoñer sancións económicas, que dependendo da gravidade, poden ir dende 900 euros ata 9.000 euros. Unha vez máis apélase a colaboración veciñal para tratar de detectar ás persoas que realizan este tipo de actos incívicos.
O Concello de Ames vén de publicar un bando no que se fai un recordatorio das obrigas dos responsables de terreos forestais contemplados na Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais de Galicia modificadas pola Lei de 7/2012 de montes de Galicia.
O Concello de Ames publica o seu programa de campamentos municipais para este verán, a través do cal se ofertan 379 prazas repartidas entre 10 campamentos diferentes con estadía nocturna, que se desenvolverán en diferentes datas entre o 28 de xuño e o 3 de setembro. Este ano, coma novidade, inclúense novos destinos para ditos campamentos. Organizaranse, tamén, tres campamentos urbanos. O prazo de preinscrición ábrese o próximo luns, 26 de abril, e estará aberto ata o día 3 de maio. A preinscrición para este servizo realizarase enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal no caso dos campamentos de educación infantil e primaria e a omix@concellodeames.gal para os campamentos de secundaria e bacharelato. É imprescindible enviar no correo o impreso de preinscrición cuberto que se pode descargar aquí.
A Aula da Natureza do Concello de Ames organizou para o vindeiro sábado, 24 de abril, unha visita ás Fragas do Eume, que se enmarca dentro do programa Pegadas. Ofértanse 24 prazas. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Terán prioridade as persoas anotadas na actividade que se ía realizar no pasado mes de novembro, que houbo que suspender polas medidas de restrición derivadas da Covid-19. Haberá servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. Cada participante deberá levar a súa propia comida.
A Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Rural informa do remate da campaña de mitigación da presenza e expansión da vespa velutina no concello de Ames. Tras a entrega de 300 equipos de trampeo en catro días, dende o Concello, a través dun vídeo que se pode ver premendo nesta ligazón, protagonizado polo propio concelleiro de Transición Ecolóxica, Manuel Lens, anímase á veciñanza a continuar co uso de trampas feitas manualmente para eliminar á velutina. Neste documento pódese ler que é necesario. Recórdase que, ante un niño deste insecto, débese chamar ao 012.
Trampas, colgadoiros e atraentes. A ampla resposta dos vecñios e veciñas de Ames nos últimos anos á hora de emprender accións encamiñadas a mitigar a praga da vespa velutina, levou esta primavera á concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Rural a duplicar o número de equipos de trampeo que poñerá a disposición dos veciños e veciñas de Ames na “Campaña de mitigación da presenza e expansión da vespa velutina no concello de Ames” que comeza estes días. O vindeiro luns, 15 de marzo, o departamento de Medio Ambiente comezará a entregar o material na oficina de Medio Ambiente, que está na Casa de Cultura de Bertamiráns, en horario de 9:00 a 12:30. Quen desexe obter máis información pode poñerse en contacto coa aula da Natureza no teléfono 660004665 e no enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal . Podes descargar aquí o impreso para a cesión de trampas. Tamén podes descargar neste enlace o manual de trampeo.
No pleno ordinario celebrado o 28 de xaneiro de 2021 aprobouse por unanimidade o Plan de continuidade da prevención de incendios, mediante a plantación de frondosas caducifolias nas faixas de xestión de biomasa do Concello de Ames. Este plan dá continuidade ao o Plan de medidas preventivas, aprobado no ano 2017 e que tiña vixencia até 2020 e amosa a intención do goberno municipal de seguir apostando pola repoboación con especies frondosas autóctonas que axuden dun xeito natural á prevención dos lumes.
A Concellaría de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, a través da Aula da Natureza, organizou un campamento de Nadal para os días 28, 29 e 30 de decembro, en horario de 10.00 a 17.30 horas. A actividade está dirixida a rapaces e rapazas de 6 a 14 anos. Precísase inscrición previa e para anotarse é preciso cubrir a ficha de inscrición adxunta a esta nova e enviala ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.
“Ruta de inverno” é o título da andaina proposta pola Aula da Natureza, pertencente á Concellería de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, para o próximo sábado 19 de decembro. A veciñanza de Ames poderá participar nun percorrido de 5 quilómetros co que se pretende dar a coñecer o bosque durante o inverno, a relevancia dos musgos e liques, os froitos de inverno e o papal da luz no sotobosque. O prazo para inscribirse está aberto ata ás 14.00 horas do venres 18 de decembro. Ofértanse 20 prazas. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.
- ‹ anterior
- 17 de 23
- seguinte ›