Actualidade

Ex., 30-12-2024
Ex., 30-12-2024
Mércores, 24 de abril de 2024
O alumnado da EIM A Madalena recibe a visita da Policía Local de Ames

Os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque están a adicar este mes a estudar os distintos oficios. Para ver como se desenvolven algúns dos oficios que trataron nas aulas, recibiron a visita de dous axentes da Policía Local de Ames que lles explicaron en que consiste o seu traballo e mesmo lles deixaron subir ao coche patrulla.

Mércores, 10 de abril de 2024
O alumnado da EEI O Bosque visita unha granxa da Escravitude

Os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque están a adicar este mes a estudar os distintos oficios. Para ver como se desenvolven algunhas das profesións que trataron nas aulas, a pasada semana visitaron unha granxa na Escravitude onde os gandeiros lles explicaron en que consiste o traballo que desenvolven na explotación.

Mércores, 28 de febreiro de 2024
Os usuarios da Casa dos Maiores reciben a visita do alumnado da escola infantil O Bosque

A cativada da escola infantil municipal O Bosque, situada en Bertamiráns, achegouse hoxe á Casa dos Maiores para pasar unha xornada en compañía dos seus usuarios. Alí participaron con eles nunha clase de ximnasia e, posteriormente, merendaron todos xuntos cunhas galletas elaboradas polos propios alumnos e alumnas.

Mércores, 31 de xaneiro de 2024
O alumnado da escola infantil municipal do Bosque celebrou o Día da Paz

As nenas e nenos da escola infantil municipal do Bosque, situada en Bertamiráns, foron partícipes da celebración do Día da Paz, que se conmemora o 30 de xaneiro. Este ano, o profesorado debuxou un globo aerostático, que colocaron na entrada, no que as familias pegaron frases relacionada relacionadas coa Paz.

Xoves, 30 de novembro de 2023
A Escola infantil municipal O Bosque celebrou en novembro o mes da música

Coincidindo coa celebración do Día da Música, a Escola infantil municipal O Bosque converteu novembro no mes máis musical do ano con diversas actividades. Desta volta, os pequenos e pequenas da escola escoitaron cancións de distintos xéneros, contos cantados, fixeron manualidades e asistiron a actuacións musicais de parte dos seus familiares e profesores.