Actualidade

Ex., 16-08-2024
Ex., 16-08-2024
Sábado, 10 de agosto de 2024
Rúa Xesteira, Bertamiráns

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 8 de agosto o expediente de licitación das obras de pavimentación das rúas Poeta da Maía, Xesteira e da Fieira, en Bertamiráns. O proxecto conta cun orzamento base de licitación de 118.799,62 euros (IVE incluído) e forma parte do POS+2024 da Deputación da Coruña. A través de destas obras mellorarase a capa de rodaxe de ditas rúas.

Sábado, 10 de agosto de 2024
O parque do Ameneiral acolle mañá a final do IV Canta con Ames

Mañá, 11 de agosto, o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá a fase final do concurso “Canta con Ames” a partir das 19:00 horas. O certame, que vai pola súa cuarta edición, “estase a converter nun fenómeno seguido por xente de todas as idades”, afirma a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz. Así mesmo, a concelleira destaca que nesta edición se superaron todas as barreiras: “ o nivel é moi alto e non vai ser sinxelo escoller aos gañadores”. O evento retransmitirase en directo a través dos perfís de Facebook e Instagram do Concello de Ames.

Venres, 09 de agosto de 2024
Fachada da residencia do Milladoiro

O alcalde de Ames, Blas García, visitou xunto á concelleira de Benestar Social, Uxía García, o concelleiro de Obras, Gustavo Nieto, e o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, a obra da residencia do Milladoiro. O inmoble situado na Travesía da Moa está encarando a fase final da construción e os terreos anexos xa están sendo urbanizados. Os membros do Goberno foron recibidos polo promotor, Camilo Álvarez, a directora, Paula Guzmán, e polo traballador social, Fernando Aldrey

Venres, 09 de agosto de 2024
O Concello de Ames reúnese coa Asociación de Peruanos de Santiago e Ames para explorar vías de colaboración

Representantes da Asociación de Peruanos de Santiago e Ames achegáronse ata o Concello de Ames para manter unha xuntanza co goberno municipal para estudar posibles liñas de colaboración entre ambas institucións. Nesta xuntanza participaron o alcalde, Blas García, e a concelleira de Benestar Social, Uxía García.

Xoves, 08 de agosto de 2024
Paris de Noia inicia os festexos da Peregrina acompañada de 4.500 persoas

Onte deron comezo en Bertamiráns as festas da Peregrina, uns festexos que rematarán o domingo 11, despois de cinco días de música e verbena para todos os públicos. Despois da actuación da orquestra París de Noia a pasada noite, hoxe é a quenda da orquestra Los Satélites no campo da festa da Peregrina a partir das 23:00 horas.

Mércores, 07 de agosto de 2024
Guadi Galego chega a Bertamiráns este venres co seu novo proxecto “Síntese horizonte”

O vindeiro venres 9 de agosto, ás 22:00 horas, a cantante e música Guadi Galego ofrecerá un concerto no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Esta actuación, integrada na programación cultural do Concello de Ames, enmárcase na celebración das festas da Peregrina de Bertamiráns. A entrada será libre e de balde. O concerto está financiado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Mércores, 07 de agosto de 2024
Participa na Noite de Estrelas esta fin de semana

Dentro da programación estival municipal, a Aula da Natureza organiza Noite de Estrelas, unha xornada para gozar da astronomía dende o alto de san Marcos. A actividade, dirixida a todos os públicos, desenvolverase o sábado 10 de agosto entre as 21:30 horas e as 00:00. As prazas son limitadas, polo que para participar é necesaria inscrición previa. Podedes anotarvos mandando un correo a auladanatureza@concellodeames.gal

Mércores, 07 de agosto de 2024
O pintor amesán Javi Penedo gaña o primeiro premio no concurso de debuxo do XI encontro Corazón da Artesanía

A primeira fin de semana de xullo celebrouse o XI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia nos pendellos de Agolada, en Pontevedra. Nesta cita estivo presente o pintor, debuxante e poeta amesán Javi Penedo, que obtivo o primeiro premio do concurso de urban sketching polo seu diario gráfico sobre este encontro de artesáns.

Martes, 06 de agosto de 2024
Alfonso Rueda, Blas García e Ana Paz en D3 Applied

O alcalde de Ames, Blas García, vén de solicitarlle unha xuntanza ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para poñer en marcha proxectos de vital importancia para o futuro de Ames, como poden ser o enlace do polígono do Novo Milladoiro coa AG-56, a futura praza de Abastos, a depuradora de Sisalde, o polígono empresarial de Bertamiráns ou a promoción de vivenda de protección pública no territorio amesán.

Martes, 06 de agosto de 2024
Os Seráns de Ames chegan o 8 de agosto a Agrón da man do grupo A banda de Nash

Este xoves, 8 de agosto, o campo da festa de Agrón acollerá por primeira vez os Seráns de Ames. Esta iniciativa, que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto, acolle nesta ocasión a sexta xornada co concerto do grupo “A banda de Nash” ás 20:00 horas. Premendo nesta ligazón podes consultar o cartel ao completo dos “Seráns de Ames”.