Frenza. Parroquia de Tapia
En 1791 aparece a primeira mención documentada desta capela, probablemente nacida da devoción popular. Nela celebrábase misa só unha vez ao ano e o seu aspecto era moi diferente ao actual, que se mantiña coas esmolas dos fieis. En 1897 arranxouse totalmente, e dado que o edificio resultante é tan diferente ao anterior, todo apunta a unha construción nova. Seguiuse o estilo neoclásico, o que deu como resultado un edificio severo, dominado por un aire de maxestuosa sinxeleza. Os elementos decorativos son mínimos; pequena espadana, ventás e portas...