Os muíños son edificacións que constan dunha canalización de auga cunha presa, unha canle e un cubo, un sistema de aparellos artellados para conducir o gran como son a trabe, os paos de moenga, a quenlla e o cacarexo e, finalmente, unha moa rotatoria para trituralo e convertelo en fariña.
Adoitan ser de planta cadrangular e de dimensións non superiores aos 20 metros cadrados. Consérvase un amplo repertorio popular de cancións, músicas, bailes e lendas que dan conta da importancia que tiveron os muíños na vida cotiá.
- Ponte Nova
- Santa María de Ameixenda
- Santo Tomé de Ames
- San Pedro de Bugallido
- Covas
- San Xoán de Ortoño
- Santa María de Trasmonte