Pestanas principais

Suxestións, reclamacións e queixas

O Concello de Ames facilítalle á cidadanía os seguintes medios para que formule as súas suxestións, reclamacións e queixas. Para presentalas é necesario utilizar a instancia de reclamacións, queixas e suxestións.

  • Por Internet, ben a través do formulario electrónico que se presenta abaixo, ou ben a través da sede electrónica, que permite rexistrar suxestións, reclamacións e queixas  dirixidas ao Concello mediante o rexistro electrónico.

Os asuntos expostos nas oficinas de atención cidadá, por teléfono ou no formulario web municipal non abren expediente administrativo. Para iso deberá realizar o trámite a través dos rexistros ou da sede electrónica.

Cando se trate dunha queixa que implique algún tipo de perigo público debe avisar á policía, a protección civil, ou ao servizo de emerxencias 112 Galicia.

Seguimento

Calquera persoa que inicie este procedemento administrativo e teña a condición de interesada pode obter copias dos documentos contidos neles, así como a recibir información e orientación.

O Concello de Ames contará coa Comisión especial de queixas, reclamacións e suxestións para o seu seguimento, a defensa dos dereitos da cidadanía e a supervisión da actuación municipal nesta materia.

Normativa aplicable

Formulario reclamación, suxestión ou queixa

(o noso sistema de correo non soporta contas de hotmail)
Os ficheiros deben ser menores de 5 MB.
Tipos de ficheiros permitidos: gif jpg jpeg png pdf doc docx odt rar tar zip.

INFORMACIÓN BÁSICA DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Responsable

Concello de Ames.

Finalidade

Xestión e tramitación da súa suxestión, reclamación ou queixa presentada a través deste formulario.

Lexitimación

Cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.  

Destinatarios

Entidades colaboradoras na prestación do servizo obxecto de queixa, suxestión ou reclamación, se fose o caso.

Dereitos

As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, ou opoñerse ao tratamento, mediante solicitude por escrito presentada no rexistro municipal do Concello ou por calquera outro rexistro dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, e na que especificará cal destes solicita sexa satisfeito.  

Máis información

https://www.concellodeames.gal/gl/atencion-cidada/proteccion-datos-persoais