O Concello de Ames facilítalle á cidadanía os seguintes medios para que formule as súas suxestións, reclamacións e queixas. Para presentalas é necesario utilizar a instancia de reclamacións, queixas e suxestións.
- Presencialmente: a través das oficinas de atención cidadá e rexistros municipais en Bertamiráns e no Milladoiro e dos diferentes departamentos.
- Por Internet, ben a través do formulario electrónico que se presenta abaixo, ou ben a través da sede electrónica, que permite rexistrar suxestións, reclamacións e queixas dirixidas ao Concello mediante o rexistro electrónico.
Os asuntos expostos nas oficinas de atención cidadá, por teléfono ou no formulario web municipal non abren expediente administrativo. Para iso deberá realizar o trámite a través dos rexistros ou da sede electrónica.
Cando se trate dunha queixa que implique algún tipo de perigo público debe avisar á policía, a protección civil, ou ao servizo de emerxencias 112 Galicia.
Seguimento
Calquera persoa que inicie este procedemento administrativo e teña a condición de interesada pode obter copias dos documentos contidos neles, así como a recibir información e orientación.
O Concello de Ames contará coa Comisión especial de queixas, reclamacións e suxestións para o seu seguimento, a defensa dos dereitos da cidadanía e a supervisión da actuación municipal nesta materia.
- Listaxe de reclamacións, suxestións e queixas do exercicio 2022.
- Listaxe de reclamacións, suxestións e queixas do exercicio 2023.
Normativa aplicable