Avisos

Ex., 25-04-2025
Ex., 25-04-2025
Venres, 11 abril, 2025
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Primavera Lúdica 2025 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 10 abril, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a terceira acta relativa á fase de baremación do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de agarda para o posto de mestre/a da especialidade ENAE 0108 Montaxe e Mantemento de instalacións solares fotovoltaicas do obradoiro de emprego “Renova VII”.
Martes, 8 abril, 2025
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de nenos e nenas admitidos e excluídos no programa de conciliación Primavera Lúdica 2025, para a EEI do Milladoiro, o CEP Ventín e o CEIP A Maía.
Venres, 4 abril, 2025
Dende este martes, 1 de abril, estará aberto o prazo de solicitude de praza para o curso 2025-2026 nas escolas infantís de titularidade municipal (O Bosque, en Bertamiráns, e A Madalena, no Milladoiro). As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 15 de abril. Posteriormente, os/as admitidos/as deberán formalizar a matrícula entre o 1 e o 16 de xuño. A documentación que hai que presentar para solicitar praza pode descargarse preferentemente a través da páxina web conciliames.gal, ou ben recollerse nas dependencias das escolas.
Venres, 4 abril, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 4 abril, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 4 abril, 2025
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informa de que xa están esgotadas as prazas para participar na actividade do Mago Paco “A Maxia está nos contos”, que se vai celebrar o venres 11 de abril, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Trátase dunha actividade onde a maxia se mestura con contos e xogos para que os máis pequenos gocen dunha tarde ben divertida. Este espectáculo tamén se enmarca na programación Abril, mes do Libro en Ames.
Venres, 4 abril, 2025
O Concello de Ames vén de publicar o programa de campamentos municipais para este verán, a través do cal se ofertan 440 prazas repartidas entre 10 campamentos diferentes repartidos por diferentes localidades galegas e na Aula da Natureza de Ames. Estas actividades desenvolveranse dende o 25 e xuño ata o 24 de xullo. O prazo de solicitude de praza estará aberto do 1 ao 12 de abril. As inscricións poderanse tramitar a través da Sede electrónica, no catálogo de trámites: Campamentos 2025.
Xoves, 3 abril, 2025
Debido ás condicións meteorolóxicas previstas para este sábado 5 de abril, vémonos na obriga de volver aprazar a andaina polo Mar de Ovellas. A nova data para a actividade será o domingo 27 de abril co mesmo horario para coller o autobús: 10:00h na parada de bus a carón da Casa da Cultura do Milladoiro e 10:15h diante do Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
Mércores, 2 abril, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a acta da comisión de valoración do proceso de provisión temporal mediante comisión de servizos voluntaria do posto vacante de arquitecto municipal.