Axenda

Ex., 27-09-2024
Venres, 27 de setembro de 2024

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza por sexto ano consecutivo unha ampla oferta de actividades no Día do Deporte, que se celebrará este venres, 27 de setembro, na área deportiva do Milladoiro, de 16:30 a 20:00 horas. Ademais, haberá inchables para os máis pequenos.

Venres, 27 de setembro de 2024

O mes de setembro comeza nas bibliotecas cun “Obradoiro de cómic” da man de Santy Gutiérrez, que se celebrará o venres 27, ás 17:00 horas, no Milladoiro. As inscricións poderán realizarse do 16 ao 24 de setembro a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, ou chamando ao número de teléfono 981 53 08 07 da biblioteca do Milladoiro.

Sábado, 28 de setembro de 2024

O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, organiza este outono as xornadas “Arredor dos castiñeiros”, que se desenvolverán nos meses de setembro, outubro e novembro. Serán catro sesións centradas nos castiñeiros que contarán con charlas, obradoiros participativos e visitas a empresas de transformación de castaña. A primeira xornada terá lugar o sábado 28 de setembro no local social de Piñeiro. Será unha sesión teórico-prácticas sobre a selección de plantas, variedades requerimentos de cultivo e enfermidades dos castiñeiros. Haberá dúas sesións: de 11:00 a 13:30 horas, e de 16:30 a 18:30 horas.

Sábado, 28 de setembro de 2024

A Concellaría de Xuventude do Concello de Ames propón neste mes de setembro unha nova actividade enmarcada dentro do programa Trouleando que conxuga natureza, deporte e diversión: unha xornada no Galipark en Padrón, un parque multiaventuras cunha ampla e variada gama de actividades nas que pasar unha xornada de ocio en circuítos de altura (pontes colgantes), tirolina, rocódromo, tiro con arco, pistola láser tag, deslizador acuático e piscina. Será o sábado 28, e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro.

Sábado, 28 de setembro de 2024

O sábado 28 de setembro, o programa Apego propón unha excursión a Carballolandia, na Ribeira Sacra. Dirixido a público familia, será unha aventura na que as familias visitarán o espazo de Carballolandia, o eco-museo do Pazo de Arxeriz e a contorna do río Miño para achegarse ao mundo das árbores, da contorna fluvial e dos seres mitolóxicos en espazos pensados para o divertimento, o lecer e a convivencia. A saída está prevista para as 9:30 horas, e a volta para as 21:00 horas.

Sábado, 28 de setembro de 2024

A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa municipal de Andainas Saudables, organiza un percorrido pola oitava etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, “A orixe”. A ruta realizarase o sábado 28 de setembro. Os participantes camiñarán arredor de 15 quilómetros, partindo desde  o Lugar de Tallós, en Dodro, e chegando ata A Picaraña. Os interesados en participar poden inscribirse cubrindo este formulario ata o xoves 26 de setembro. Haberá servizo de autobuses con saída dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9:00 horas; e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:15 horas.

Sábado, 28 de setembro de 2024

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un obradoiro para converter o teu PC nunha máquina recreativa, Esta actividade está prevista para este sábado, 28 de setembro, de 11:30 a 13:30 horas, no Milladoiro.

Sábado, 28 de setembro de 2024

O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, organiza para o sábado, 28 de setembro, o obradoiro denominado “Doce outono adultos, cosmética con mel de Galicia”. Nesta actividade farase unha breve introdución teórica dos recursos aproveitables da colmea, elaboración de tintura de própole, xabón de glicerina con mel, crema corporal con mel, etc.

Domingo, 29 de setembro de 2024

O Concello de Ames participa novamente na iniciativa “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a actividade consiste na limpeza simultánea de lixo en distintos ríos e regatos de Galicia. Dende a Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural convídase á veciñanza amesá a participar desta iniciativa, que se desenvolverá o domingo 29 de setembro, a partir das 11:00 horas, facendo unha limpeza do rego do Ameneiral durante dúas horas. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar esta ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Xoves, 03 de outubro de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).