Axenda

Ex., 09-08-2024
Venres, 09 de agosto de 2024

O venres 9 de agosto, ás 22:00 horas, a cantante e música Guadi Galego ofrecerá un concerto no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, no que presentará o seu novo espectáculo “Síntese horizonte”, expresamente concibido para representar ao vivo sobre as táboas do escenario. Esta actuación, integrada na programación cultural do Concello de Ames, enmárcase na celebración das festas da Peregrina de Bertamiráns. A entrada será libre e de balde.

Venres, 09 de agosto de 2024

O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organiza para o venres 9 de agosto a primeira edición do Torneo 3x3 de baloncesto. Será de 16.00 a 21.00 horas na área deportiva de Bertamiráns, xunto ao pavillón polideportivo. Haberá cinco categorías diferentes: U13 mixto, U17 masculino, U17 femenino, sénior masculino e sénior feminino. Este torneo completa a programación das festas da Peregrina, en Bertamiráns, que se celebrarán dende o mércores 7 ata o domingo 11 de agosto. Para participar é necesario inscribirse premendo nesta ligazón. A inscrición é gratuíta. As inscrición pódense tramitar ata o 7 de agosto ás 12.00 horas.