Axenda
Sábado, 24 de agosto de 2024
![](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/eventos/imagenes/2024/08/petroglifo_monte_castelo_0.jpg?itok=CB_z0lQ7)
O Concello de Ames e o colectivo A Rula organizan o sábado, 24 de agosto, a quinta edición da ruta nocturna circular aos petróglifos de Monte Castelo e da Peneda Negra. Comezará ás 21:00 horas dende o miradoiro do bosque do Peregrino, en Ventosa. Haberá servizo de autobús, que pasará ás 21.00 horas pola Casa da Cultura do Milladoiro, e ás 21.15 horas polo Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A visita rematará ás 23.30 horas. Ao remate haberá servizo de autobús de regreso, que volverá polos lugares onde colleu aos participantes. Para participar nesta saída hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 25 prazas.