Axenda
Dentro da programación de Nadal, Papá Noel estará no Milladoiro, no Centro Social, o luns 23 en horario de 11.00 a 13.30 pola mañá e de 17.00 a 19.30 pola tarde.
As personaxes de "Disney" volverán unha ano máis aos principais núcleos urbanos de Ames para visitar aos máis cativos do municipio nestas datas. A súa segunda parada será na Casa dos Maiores de Bertamiráns o sábado 28, en horario de 11.00 a 13.30 horas pola mañá e de 17.00 a 19.30 horas pola tarde.
A veciñanza de Ames poderá gozar un ano máis das xa tradicionais prebadaladas. Desta volta, terán lugar o martes 31 de decembro, ás 11.00 horas, na Praza do Concello en Bertamiráns. Ademais de tomar as 12 uvas simulando a entrada do ano novo, os asistentes poderán gozar das actuacións dos gañadores do Canta con Ames e participar na Xincana Xove.
Os Reis Magos tamén visitarán as diferentes localidades de Ames, comezando polos dous núcleos urbanos do Milladoiro e Bertamiráns o venres 3 de xaneiro, de 16.30 a 20.00 horas e o sábado 4, pola mañá de 11.30 a 14.00 horas e pola tarde de 16.30 a 20.00 horas. O domingo 5 os Reis Magos percorrerán as diferentes parroquias de Ames.
A programación do Nadal en Ames rematará coa celebración da tradicional Cabalgata de Reis nos núcleos urbanos do Milladoiro e Bertamiráns, xunto coas súas respectivas Festa de Reis nos pavillóns municipais, o domingo 5 de xaneiro. A cabalgata no Milladoiro será ás 17.00 horas e a festa no pavillón comezará ás 18.00 horas. En Bertamiráns, a cabalgata celebrarase ás 19.00 horas e a festa no pavillón municipal será ás 20.00 horas.