Pestanas principais

A Biblioteca do Milladoiro acolle a sesión de contacontos “Contos do dereito e do revés” este xoves 24 de outubro

Martes, 22 de outubro de 2019

Este xoves, 24 de outubro, terá lugar ás 17.30 horas na Biblioteca do Milladoiro a sesión de contacontos “Contos do dereito e do revés”. É unha das actividades que conforman o proxecto “Igual-son” que se leva a cabo nos concellos que desenvolven a Rede de Dinamización Lingüística. Trátase así dunha actividade que combina a dinamización lingüística coa sensibilización fronte á violencia de xénero. A actividade, que é de entrada libre, está destinada a nenos de 3 a 8 anos máis ás súas familias.

“Contos do dereito e do revés” é unha actividade de dinamización lingüística e sensibilización fronte á violencia de xénero a través de narración de contos tradicionais e de obras de creación contemporánea. Será levada a cabo pola narradora oral Eli Ríos.

A sesión de contacontos forma parte do proxecto “Igual-son”, xestionado polo grupo Capicúa. Este último traballa con obradoiros e contadas na sensibilización de diferentes grupos de idade. Ademais o proxecto enmárcase na campaña “Nós contra a violencia”, que combina a dinamización lingüística coa sensibilización contra a violencia de xénero.

Esta campaña desenvólvese no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero e nela colaboran o Ministerio da Presidencia, Relación coas Cortes e Igualdade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Cartel Contos do dereito e do revés

Multimedia

  • Cartel Contos do dereito e do revés