- Tematica
O 23 de abril celébrase o Día do Libro. Con este motivo, as bibliotecas municipais do Concello de Ames veñen de organizar unha programación par ao mes de abril que inclúe actividades pra nenos/as e adulto/as. O venres 9 de abril, ás 17.30 horas na biblioteca do Milladoiro, realizarse un obradoiro infantil de Creacontos. Para os adultos, durante os xoves de abril haberá diferentes presentacións de libros. Ademais, poderán participar no sorteo de bonos en libros nas librarías de Ames. Un concurso de debuxo sobreo Día do Libro completará a programación.
O Mes do Libro celebrarase con obradoiros, presentacións de libros, música e actividades. Ademais, polas compras realizadas nalgunhas das librarías de Ames dende o 1 ata o 24 de abril, entrarase un sorteo de bonos de libros. Os establecementos que participan nesta iniciativa son Huargo Artis, Lenda e Máinome, en Bertamiráns, e Nenos e Nais e O Tinteiro, no Milladoiro.
Entre o 5 e 21 de abril, os rapaces e rapazas poderán participar nun concurso de debuxo sobre o libro e a lectura. Os participantes deberán enviar a súa obra ao email biblioteca@concellodeames.gal.
Obradoiros
As bibliotecas municipais organizaron catro obradoiros dirixidos a rapaces e rapazas de 3º a 6º de Educación Primaria.
Hoxe, venres 9 de abril, realizarase o obradoiro infantil "Creacontos". Os nenos e nenas, de entre 9 e 12 anos, poderán desfrutar desta actividade na biblioteca do Milladoiro, a partir das 17.30 horas.
Trátase dun obradoiro creativo no que se empregarán todas as vertentes posibles á hora de contar un conto. É dicir, os pequenos e pequenas xogarán, falarán, escribirán e farán manualidades. Des xeito preténdese aproveitar ao máximo os contos contados e entendidos de maneira tradicional.
O sábado 10 de abril celebrarase o obradoiro "Os contos a debate". Esta actividade terá lugar no auditorio da Casa da Cultura ás 11.00 horas.
Neste obradoiro farase unha análise dende a perspectiva de xénero dos contos e materiais educativos e ofrecer propostas de contos baseados na igualdade e na prevención da violencia de xénero.
O último obradoiro será “Autores con pegada”. O sábado 17 de abril realizarase na biblioteca do Milladoiro e, o sábado 24, na de Bertamiráns. Amabas sesións celebraranse ás 11.30 horas.
Para as actividades o prazo de inscrición estará aberto dende o luns 22 de marzo. Débese chamar ao número de teléfono 981 530 807 ( biblioteca do Milladoiro), ao 981 884 829 (Bertamiráns) ou enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.
Presentación de libros
O Pazo da Peregrina será o escenario escollido para a presentación de catro obras xunto coa dos Premios do certame Literario de Ames 2020.
O xoves 8, ás 20.00 horas, Carlos Negro presentará o seu libro “Non canta paxaros neste bosque”. O día 15 de abril, á mesma hora, María López Sande e Marilar Alexandre asistirán coa súa obra “Movendo os marcos do patriarcado: O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán”.
“O soño de Liam”, unha obra infantil escrita por David Navarro, será presentada o venres 16 de abril ás 17.30 horas. O xoves 22, ás 20.00 horas, Tomás Guerrero presenta “As súas obras en banda deseñada”.
Por último, o xoves 29 de abril ás 19.00 horas, realizarase o evento dos premios do certame Literario de Ames 2020.
Día do Libro, 23 de abril
O venres 23 de abril celébrase o Día do Libro. Por este motivo, as bibliotecas teñen organizadas unha serie de actividades durante toda a xornada. Comezarán ás 17.00 horas cun contacontos infantil realizado por Bea Campos e seguirase, ás 18.00 horas, cuns obradoiros para nenos e nenas.
Ás 19.00 horas entregarase o premio do debuxo sobre o libro e a lectura.
A xornada rematará cunha actuación musical baixo o nome “Soñando inventei”. O espectáculo, ás 20.00 horas, estará a cargo de María Faltri e Jorge Juncal.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Obradoiros máis bonos amesáns para animar á lectura"