Pestanas principais

Blanca Trillo e Jesús Santomil proclámanse campións absolutos da II edición do Aberto de San Xoan

Martes, 09 de xullo de 2024

Entre o 22 e o 30 de xuño, as pistas de tenis de Aldea Nova acolleron a segunda edición Aberto de San Xoán, un torneo de tenis organizado polo club de tenis Val da Maía en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Ames. Este ano, esta cita deportiva contou cun total de 101 persoas inscritas tanto amesás como doutros puntos da xeografía galega como Vigo, Ferrol ou Nigrán, entre outros.

O club de tenis Val da Maía, en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Ames, organizou o II Aberto de San Xoán o pasado mes de xuño nas pistas de tenis de Aldea Nova. Os/as 101 participantes inscritos/as na competición estiveron divididos en cinco categorías diferentes: alevín, infantil, junior, absoluto e veteranos+35. Todas elas contaron con categoría feminina e masculina.  

Na categoría feminina absoluta, a gañadora foi Blanca Trillo, do Real Club Tenis Coruña, seguida de Ariadna Lucio, do Club Tenis O Rial. Así mesmo, na categoría masculina absoluta, proclamouse campión o tenista da Asociación Deportiva Val da Maía Jesús Santomil. O segundo posto foi para Alejandro Pérez, do club Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra.

Por outra banda, na categoría alevín feminina, o primeiro e o segundo posto foron a parar ao Club W, da man da campiona Emma Bralo e da subcampiona Eire Martínez. Na modalidade masculina da categoría, o gañador foi Diego Becerra, do Sporting Club Casino Coruña, seguido de Djawzveda Mariño, do Club Squash Santiago.

Dentro da categoría infantil, na modalidade feminina o primeiro posto foi para Noela Lois, do Círculo Cultural Mercantil e Industrial Vigo; seguida de Irene García, do Real Club Tenis Coruña. Na modalidade masculina o gañador foi Jaime Martínez, do Club USC, seguido de Diego Becerra, do Sporting Club Casino Coruña.  

A categoría xúnior só se dispoutou en modalidade masculina, na que o campión foi o tenista do Club Tenis O Rial Alejandro Couso. O subcampión foi Héctor Rodeiro, do Club Tenis Redes.

Por último, dentro da categoría veteráns +35, na modalidade feminina tanto a campiona María del Pilar Rey como a subcampiona Araceli Cristobo pertencen á Asociación Deportiva Val da Maía. Por outra banda, na modalidade masculina,  o gañador foi Iván Piñeiro, do Club Squash Santiago, seguido de José Ángel Méndez, do Club Tenis Punta Salera. 

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Más de un centenar de tenistas disputó en Ames el Aberto de San Xoán"

Blanca Trillo e Jesús Santomil proclámanse campións absolutos da II edición do Aberto de San Xoan

Multimedia

  • Blanca Trillo e Jesús Santomil proclámanse campións absolutos da II edición do Aberto de San Xoan