- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02
- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Promoción Económica
Pestanas principais
Departamento de Promoción Económica e Emprego
Servizos e programas
Novas do departamento
A Casa do Concello, en Bertamiráns, acolleu esta mañá a presentación da nova edición do concurso “Ilumina o teu sorriso”, organizado un ano máis pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica e o estudo de deseño gráfico e imaxe de marca La Rayela, xunto coa campaña “Davide dá a badalada” que se estrea este Nadal e repartirá 2.000 euros entre as persoas que merquen nos negocios da XEA. Ambas iniciativas nacen co propósito de fomentar e promover o comercio local en Ames. As persoas interesadas en participar no concurso de fotografía deberán realizar dúas fotos nas localizacións con decoración de Nadal en Ames: as prazas do Concello e a Maía en Bertamiráns, ou a Praza da Madalena e o aparcamento do Supercor no Milladoiro. Os premios son un vale de 250 euros, outro de 150€ ou un de 100€ para gastar nos comercios asociados á XEA.
Animación de rúa e propostas para a rapazada que axuden a conciliar o tempo das compras da familia son os eixos sobre os que se desenvolverán as actividades que a Concellaría de Promoción Económica ten previsto realizar o venres e o sábado en Milladoiro e en Bertamiráns. Obradoiros de bolas e decoración de bandeirolas nas Casas de Cultura de Bertamiráns e Milladoiro, bicicletas e coches a pedais na praza de Manuel Murguía e no parque de Chavián, e batucada coa "Percudería" no mercado de Bertamiráns compoñen o programa de actividades.
As Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar anunciaron ao Concello de Ames que visitarán as vilas do Milladoiro e Bertamiráns o martes 4 e o mércores 5 de xaneiro. Co fin de que poidan recibir a todas as nenas, nenos e maiores que se queiran achegar a velos respectando as medidas sanitarias, o Concello habilitará os pavillóns polideportivos de ambos núcleos. Para acceder, cada unidade familiar debe solicitar cita previa a través da sede electrónica do Concello, dende hoxe ás 12:00 horas. A rapazada que non poida asistir ás Recepcións Reais por mor dun confinamento por coronavirus poderá solicitar que os Reis lles envíen un pequeno agasallo aos seus domicilios, deixando os seus datos persoais no enderezo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal.
O Concello de Ames, xunto coa Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), presentou na mañá de hoxe o informe sobre os datos de consumo nas oficinas municipais nesta materia no pasado ano. Deste xeito, as oficinas da UCGAL situadas nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro recibiron ao longo de todo 2024 un total de 425 consultas, producíndose a maior parte no primeiro semestre do ano e no sector financeiro. A oficina da UCGAL do Milladoiro, localizada na Rúa Viorneira, ofrece atención os martes en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30, mentres que a de Bertamiráns, situada no Pazo da Peregrina, está aberta os xoves, co mesmo horario de atención. O teléfono para poñerse en contacto coas oficinas da UCGAL no noso concello é o 662 130 312.
O pasado 5 de xuño tivo lugar unha sesión institucional da Red Innpulso, onde se presentou, reflexionou e debateu sobre o borrador do Manifesto impulsado pola Co-presidencia da Red. Como resultado desta xornada, recolléronse unha serie de comentarios e achegas por parte das cidades que foron incorporadas á Rede, dando lugar ao manifesto “Polo impulso e promoción das políticas públicas de innovación como ferramentas crave para paliar os efectos da Covid-19 nas cidades”.
A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar a empresa ADD4U Soluciones para gestión y desarrollo SL, por 168.696,56 euros, o contrato de servizos para o deseño e implantación da Administración Electrónica. O orzamento base da licitación era de 181.394,15 euros, polo que a empresa adxudicataria rebaixou este importe en 12.697,59 euros. O Colexio profesional de enxeñería informática emitiu un informe de valoración dos pregos técnicos presentados no concurso de licitación de Administración electrónica. A empresa ADD4U Soluciones para gestión y desarrollo SL obtivo unha cualificación de excelente na valoración realizada polo técnico de dito Colexio, Fernando Suárez Lorenzo.
O aparcamento da Telleira acollerá os días 20, 21 e 22 de novembro o "Ames Drive Cinema", un autocine similar aos americanos dos anos 50 e 60 nos que o público ollaba as películas desde os seus propios vehículos. Nas sesións do sábado 21 pasaranse filmes que convidan á reflexión sobre as condutas machistas e o papel que a muller ocupa na sociedade, incluíndose estas proxeccións nas actividades que abeiran a conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero en Ames. Haberá sesións de tarde para público infantil e de noite para público adulto. Na presentación do evento estiveron presentes o alcalde de Ames, José Miñones, as concelleiras de Benestar Social e Promoción Económica, Luisa Feijoó e Ana Belén Paz, e Ezequiel Mosquera, o representante de EMESPORTS, a empresa que se encargará do soporte técnico do evento. O autocine será de balde. Porén, é preciso rexistrarse de antemán na plataforma de EMESPORTS.
O pasado venres, 22 de maio, o alcalde, Jose Miñones, asinou a acta notarial para a adquisición do inmoble, que está situado na rúa das Hedras, na entrada do parque empresarial do Milladoiro, onde se vai a poñer en marcha o novo centro coworking "A Proa". Trátase dun espazo de traballo colaborativo e que terá como finalidade ampliar os servizos de apoio a iniciativas emprendedoras, proxectos empresariais ou iniciativas de autoemprego, con especial atención ao sector audiovisual e tecnolóxico. Agora deberá aprobarse a inclusión deste inmoble no inventario municipal, así como elaborar o regulamento e ordenanza para a súa posta en funcionamento. O Concello de Ames asinou coa Deputación da Coruña un convenio, a través do cal a administración provincial financiará algo máis do 35% dos custes do local, cunha achega de 200.000 euros.
O programa AmesON, a través do que o Concello traballa para para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de verán, continúa a súa andaina esta fin de semana cun feixe de propostas. Milladoiro, que por mor da pandemia non poderá celebrar as súas festas este ano, acollerá un obradoiro de batucada, coches a pedais, unha sesión vermú a cargo de 4Ta Base e as actuacións de Os Tocayos e DJ Federrato, Odaiko, A Roda e Son de Tres. Pola súa banda en Bertamiráns tamén haberá coches a pedais, un obradoiro para aprender a facer bolsas a medida e teatro con Federino Pérez e Pepo Suevos. Cómpre salientar que todas as actividades son de balde e que se desenvolverán co garante das normas de seguridade e hixiene que impón a loita contra a pandemia. Os aforos serán limitados para poder manter a distancia.
Até o 26 de agosto as asociacións de empresarios e comerciantes de Ames teñen prazo para presentar a documentación que lles permita acceder ás subvencións que a concellaría de Promoción Económica ofrece ao sector no noso concello. Ademais, as xustificacións de gastos correspondentes á anualidade 2019 poderán ser presentadas até o 15 de setembro. A decisión desta ampliación de prazos tómase por mor da situación excepcional que estamos vivindo a raíz da pandemia da COVID19 e despois de ter mantido conversas coas asociacións de empresarios e posibles beneficiarios destas axudas.
- ‹ anterior
- 13 de 56
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
Papá Noel estará na carpa da Praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, para todo aquel que se queira sacar unha foto con el. Será gratuíto presentando tícket de compra de calquera establecemento do Concello de Ames.
Será ás 20.30 horas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, nun evento destinado a todos os públicos con entrada de balde ata completar aforo. Despois da gala a celebración seguirá no Restaurante Central.
A praza da Maía acolle hoxe, a partir das 20:00 horas, unha nova sesión de “Música na noite”, nesta ocasión a cargo de Habana Group. O concerto é de balde e o aforo limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra a Covid-19.
O 26 de xaneiro, a partir das 10:00 horas, o pavillón polideportivo do Milladoiro acollerá a III Xornada InnovAmes, un evento para todos os públicos que busca xerar un espazo para a aprendizaxe e o diálogo, no que as empresas do concello de Ames acheguen as últimas tendencias en innovación e xeren sinerxias que dean lugar a novos proxectos e oportunidades empresariais. Nel tamén participarán varios centros educativos amesás como son o IES de Ames, o IES de Milladoiro, o CEIP Agro do Muíño e o CEIP de Barouta. Estes tres últimos contarán co seu propio stand no evento.
O inchable, destinado a nenas e nenos de entre 2 a 6 anos, estará situado na Praza da Madalena no Milladoiro.
Inchable destinado a nenos e nenas de 2 a 6 anos que estará instalado na Praza de Correos no Milladoiro.
O inchable, que está destinado a nenos de 2 a 6 anos, estará na Praza da Maía, en Bertamiráns.
Actividade organizada polo departamento de Promoción Económica do Concello de Ames. Estarán instalados na Praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. Destinados a nenos de 6 a 16 anos.
Actividade organizada polo departamento de Promoción Económica do Concello de Ames. Estarán instalados na Praza da Madalena, no Milladoiro. Dirixidos a nenos de entre 6 a 16 anos.
Actividade organizada polo departamento de Promoción Económica do Concello de Ames. Estarán instalados na Praza da Madalena, no Milladoiro. Estarán instalados no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Dirixidos a nenos de 6 a 16 anos.
- ‹ anterior
- 13 de 19
- seguinte ›