Pestanas principais

Departamento de Promoción Económica e Emprego

Novas do departamento

Na Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 14 de xullo de 2022 aprobouse o expediente de licitación, mediante procedemento aberto simplificado do servizo para o desenvolvemento dunha plataforma web e móbil que permita promocionar o comercio local do concello de Ames, que estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no  marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pagamento dos 36.137,06 euros correspondentes á liña de subvencións para a promoción do comercio local, exercicios 2017-2018. A finalidade destas subvencións é a de favorecer a promoción e o desenvolvemento de actividades realizadas no seo das asociacións de comerciantes e profesionais do Concello de Ames, que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal, subvencionándose aquelas accións non incluídas dentro da campañas de Nadal, para o cal xa existe unha subvención propia. As asociacións beneficiarias son a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de comerciantes Palmira Bulevar.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 30 de decembro de 2021 o pagamento de 28.763,04 euros, correspondentes á liña de subvencións para a promoción do comercio local, exercicio 2021. A finalidade destas subvencións é a de favorecer a promoción e o desenvolvemento de actividades realizadas no seo das asociacións de comerciantes e profesionais do Concello de Ames, que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal.  Deste xeito, concédense estas axudas para a promoción comercial e para infraestruturas. As asociacións beneficiarias son Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira Bulevar.

Mañá, venres 12 de xullo comeza unha nova edición do concurso Canta con Ames coa primeira xornada de preselección. Este ano a participación incrementouse máis dun 30% con respecto a edición anterior, pasando de 24 a 32 participantes. Entre os/as concursantes hai persoas de Ames pero tamén doutros puntos de Galicia e España. Haberá tres categorías: persoas ata 17 anos, con 12 participantes; persoas a partir dos 18 anos, na que se inscribiron 15 artistas; e  dúos e tríos (catro dúos e un trío). Haberá dúas xornadas de preselección, unha mañá no Milladoiro e outra o sábado 13 en Bertamiráns. A semifinal será no Milladoiro o 3 de agosto e a final celebrase en Bertamiráns o 11 de agosto. O concurso será presentado por Loly Gómez, e o xurado estará composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López.

Ata o día 12 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar praza no novo programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión (2023-2024). Esta edición o programa está aberto a 100 persoas desempregadas que se formarán nos sectores do comercio, almacén, ocio e tempo libre, turismo, idiomas e novas tecnoloxías. O pasado 16 de novembro rematou a edición 2022-2023, superando o obxectivo de inserción fixado inicialmente do 40% do total das persoas participantes chegando case ao 50%.

As Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar visitaron un ano máis as localidades de Bertamiráns e do Milladoiro, para poder estar con todas as nenas e nenos de Ames antes da noite de Reis. Co obxectivo de que as Súas Maxestades de Oriente puideran recibir a pequenos e adultos, o Concello habilitou os pavillóns polideportivos de ambos núcleos. Deste xeito, durante o martes 4 e mailo mércores 5 de xaneiro, en horario de mañá e tarde, arredor de 1.200 unidades familiares pasaron polos pavillóns para poder saudar e falar con Melchor, Gaspar e Baltasar. Ademais, 100 rapaces e rapazas, que non puideron acudir á Recepción real por mor dun confinamento por coronavirus, recibiron nos seus domicilios un pequeno agasallo e puideron falar cos Reis Magos a través de vídeo chamada. Pódense ver todas as imaxes da galería sobre a Recepción Real premedo neste enlace.

O local da asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) acolleu este pasado xoves, 23 de xaneiro, o sorteo dos tres premios incluídos na sexta edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”. No sorteo participaron arredor de 40 persoas que enviaron como mínimo dúas fotografías realizadas en dous dos lugares seleccionados polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns, ou na praza da Madalena e no aparcamento do Supercor, no Milladoiro. As persoas premiadas foron Alejandro Germán Jofre, Laura Paz García e Manuel Balsa Ces, que recibirán tres vales de 250, 150 e 100 euros, para gastar en comercios amesáns adheridos a XEA.

O Roteiro Maker, unha furgoneta que organiza obradoiros itinerantes gratuítos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, visitou os colexios de Agro do Muíño, A Maía, Barouta e Ventín entre o 20 e o 23 de febreiro para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Nesta iniciativa participaron arredor de 400 alumnos e alumnas de educación infantil e primaria. Con esta iniciativa o Concello de Ames busca dar a coñecer a figura das mulleres en diversas áreas científicas. A empresa Mirabelle Comunicación Audiovisual está elaborando un vídeo sobre esta iniciativa que servirá para difundir o Roteiro Maker na Red Innpulso.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa da posta en marcha do programa Vives Emprende da organización Acción Contra a Fame, cunha serie de talleres formativos en liña e de balde. O obxectivo é ofrecer ás persoas desempregadas unha saída laboral no emprendemento, a través da formación, o asesoramento e o acceso a axudas directas e microcréditos. Neste senso, dende o próximo martes 19 ao xoves 28 de abril desenvolveranse seis talleres de xeito telemático, entre as 10:00 e as 13:00 horas. Para participar, cómpre inscribirse na páxina web vivesemprendeconomiasocial.org.

As concellarías de Promoción Económica e Emprego, en colaboración con XEA, desenvolven por segundo ano consecutivo as xornadas “Volta ao cole co comercio”, unha iniciativa que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local de cara ao inicio do curso lectivo. Nesta ocasión, a proposta alóngase durante catro días, e comprende actividades para a mocidade e para os cativos e cativas. As dúas xornadas para rapaces e rapazas a partir de doce anos xa foron celebradas a pasada semana, logrando un éxito de participación. Os días 6 e 7 ían ter lugar tamén as actividades para nenos e nenas. Finalmente, as xornadas foron adiadas por mor da previsión meteorolóxica, e desenvolveranse mañá, mércores 13, e o xoves, día 14. 

Eventos del departamento

O obradoiro de galletas para adultos celebrarase no local Dos Pasos, en Bertamiráns, de 17:00 a 19:00 horas. Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este  impreso para que os adultos fagan a inscrición. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.

Entre o 16 e o 22 de setembro, os diferentes espazos de traballo que integran a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, acollerán o evento Rede Coworking Fest, unha semana dedicada a promover a innovación, a colaboración e a cultura emprendedora a través dunha ampla variedade de actividades culturais e formativas. No espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, vanse organizar dúas actividades: un encontro de emprendemento feminino o mércores 18 de setembro; e un obradoiro de mentalidade e vendas o 19 de setembro. Preme nesta ligazón para consultar a programación completa e inscríbete nas actividades.

En Bertamiráns está destinado a un público adulto, e desenvolverse pola mañá na carpa da Praza de Chavián. Mentres que no Milladoiro está destinado a un público infantil de 5 a 12 anos e desenvolverase pola tarde na carpa da Praza de Manuel Murguía.

O obradoiro, desenvolverase na carpa da Praza de Chavián de Bertamiráns pola mañá. Este está destinado a un público infantil, de 5 a 14 anos.

Mentres que pola tarde, o obradoiro desenvolverase na carpa da Praza de Manuel Murguía do Milladoiro, e está destinado a un público adulto.

O obradoiro, destinado a nenos e nenas de entre 5 a 14 anos, desenvolverase na carpa da Praza de Manuel Murguía no Milladoiro. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal.

O obradoiro, destinado a nenos e nenas de entre 5 a 14 anos, desenvolverase na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal, dispoñible ata o 18 de decembro.

O 26 de decembro a Casa dos Maiores de Bertamiráns organiza o obradoiro "Infantil e Maiores", no que os pequenos farán manualidades de Nadal cos seus avós e outros maiores do concello. O día 26 vaise adicar á elaboración de árbores de arxila. Haberá dúas sesións: ás 11:00 e ás 17:00 horas.

O 28 de decembro o Centro Social do Milladoiro organiza o obradoiro "Infantil e Maiores", no que os pequenos farán manualidades de Nadal cos seus avós e outros maiores do concello. O día 28 vaise adicar á elaboración de árbores de arxila. Haberá dúas sesións: ás 11:00 e ás 17:00 horas.

O 29 de decembro a Casa dos Maiores de Bertamiráns organiza o obradoiro "Infantil e Maiores", no que os pequenos farán manualidades de Nadal cos seus avós e outros maiores do concello. O día 29 vaise adicar á elaboración de casiñas de Nadal. Haberá dúas sesións: ás 11:00 e ás 17:00 horas.

O 27 de decembro o Centro Social do Milladoiro organiza o obradoiro "Infantil e Maiores", no que os pequenos farán manualidades de Nadal cos seus avós e outros maiores do concello. O día 22 vaise adicar á elaboración de casiñas de Nadal. Haberá dúas sesións: ás 11:00 e ás 17:00 horas.