Pestanas principais

Departamento de Promoción Económica e Emprego

Novas do departamento

A Xunta de Galicia entregou este martes, 3 de marzo, os galardóns dunha nova edición dos Premios á Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (RSE). No apartado de pequena empresa foi premiada a entidade Tecalis Innovación con sede no parque empresarial do Milladoiro. A entidade Altia, que conta cunha delegación no parque do Milladoiro, recibiu o recoñecemento na categoría de gran empresa. Ademais, a Empresa Monforte foi premiada no apartado de mediana empresa; e Congalsa, galardoada coa mención á conciliación. O obxectivo destes premios é mostrar e reivindicar publicamente o labor daquelas empresas que adoptan principios e prácticas de responsabilidade solidaria na súa xestión e na súa actividade diaria. Por parte do Concello de Ames asistiron a este acto o alcalde, Jose Miñones, e maila concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz.

As entradas para asistir á actuación da París de Noia puxéronse á venda ás 12:00 do mediodía e ás 23:00 xa estaban esgotadas. As 15:00 horas foi o pico de reserva con case 150 entradas reservadas. O 80% das entradas vendéronse entre os veciños de Ames.

Os dezaoito traballos finalistas do primeiro concurso de fotografía organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración co Concello de Ames xa están expostos. As fotografías premiadas na categoría paisaxe, macro e artística van permanecer expostas durante 15 días en tres dos locais asociados a XEA en Bertamiráns.

Cun sinxelo acto no que participaron o alcalde, Jose Miñones, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e varios concelleiros e concelleiras do equipo de goberno, Ames acendeu as luces de Nadal o pasado sábado, 28 de novembro. O acto desenvolveuse diante do Concello e coa presenza, como convidados, do alumnado e os responsables do obradoiro de emprego. Unha das alumnas, Cristina Ferreiro Serranito, foi a encargada de premer o botón de acendido das luces. Preto de 150 elementos decorativos, entre os que destacan un photocall con forma de marco de fotos na praza do Concello, unha bola xigante luminosa instalada na praza da Madalena do Milladoiro, unha árbore de 15 metros na praza de Manuel Murguía da mesma localidade e a numeración 2021 na praza da Maía en Bertamiráns, alumean o Nadal de Ames desde o sábado. A iluminación intensifícase nas prazas e rúas máis comerciais, con especial relevancia na rúa Anxeriz e na Avenida Rosalía de Castro. En todas as parroquias locen tamén elementos decorativos propios destas datas. Para ver todas as imaxes do acto do día do acendido de luces de Nadal, prema nesta ligazón.

Dende este martes, 3 de setembro, as oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, en Bertamiráns e no Milladoiro, xa abren no seu horario habitual: os martes no Milladoiro e os xoves en Bertamiráns. Durante o mes se agosto ditas oficinas estiveron pechadas por descanso do persoal. O servizo de asesoramento enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

O pasado xoves, 9 de xuño, na presentación da programación AmesOn 2022, os integrantes da orquestra Panorama, Fátima Pego e Diego Moreiras, anunciaron que os/as gañadores/as da segunda edición do concurso Canta con Ames, actuarán o 18 de setembro, no Milladoiro, de abreconcerto antes da actuación da orquestra Panorama. Debido a que dito anuncio se fixo o pasado 9 de xuño, amplíase ata o día 19 o prazo de inscrición para o concurso Canta con Ames, para que todos aqueles que queiran participar teñan marxe para inscribirse. Existen catro categorías: infantil, ata os 12 anos; xuvenil, de 13 a 20 anos; sénior, de 21 a 40 anos; e súper sénior, de 41 en diante. Preme nesta ligazón para descargar as bases da segunda edición do concurso Canta con Ames 2022.

O Concello de Ames volveu celebrar as súas Prebadaladas. O evento creou un ambiente festivo e familiar para darlle a benvida ao 2023 de maneira anticipada. Dende as 11 da mañá e ata as 13:30, hora á que rematou a cita, 1100 persoas pasaron pola praza do Concello para gozar das moitas actividades que se levaron a cabo para celebrar a chegada do novo ano. Un gran reloxo situado na fachada da Casa do Concello foi o encargado de marcar as Prebadaladas que deron inicio a unha festa chea de música, diversión e alegría. Pinchando neste link podedes ver un vídeo resumo das Prebadaladas de Ames.

O pasado 15 de decembro abriu o prazo para que as persoas que o desexen poidan descargar as tarxetas de desconto “Bonos Consuma”. Ata este martes, 26 de decembro, descargáronse 2.374 bonos e consumiuse algo máis do 50% do orzamento destinado a ditas tarxetas de desconto. Ata o de agora consumíronse 31.965 euros dos 61.000 euros que achega o Concello. Ademais, durante estes 10 días xerouse un gasto total de 135.455,30 euros nos 105 establecementos comerciais e de hostalería que se adheriron a dita campaña. Cada persoa maior de 18 anos poderá descargar un único bono por importe de 50 euros. Para descargar os bonos hai que entrar no apartado de clientes da web bonos consuma e introducir os datos persoais do beneficiario. O prazo de validez do bono vai do 15 de decembro de 2023 ao 31 de xaneiro de 2024, salvo que se esgote o orzamento do programa.

O pasado 14 de decembro comezou o prazo para descargar e empregar as tarxetas de desconto “Bonos Consuma”. Ata este luns, 23 de decembro, descargáronse máis de 2.892 bonos e consumiuse máis do 75% do orzamento destinado a esta iniciativa, superando moi amplamente as cifras do ano pasado. Así mesmo, xerouse un gasto de máis de 185.000 euros nos 105 establecementos e comercios adheridos á campaña deste ano. As persoas que aínda non descargaran o seu bono, poden facelo a través da páxina web bonos consuma no apartado de clientes. O prazo para usar os bonos remata o 14 de febreiro, salvo que se esgote antes o orzamento do programa.

O pasado 15 de decembro abriu o prazo para que as persoas que o desexen poidan descargar as tarxetas de desconto “Bonos Consuma”. Ata este venres, 5 de xaneiro, descargáronse 3.090 bonos e consumiuse máis do 80% do orzamento destinado a ditas tarxetas de desconto. Ata o de agora consumíronse 54.415 euros dos 61.000 euros que achega o Concello. Ademais, durante estes 20 días xerouse un gasto total de 230.912,08 euros nos 105 establecementos comerciais e de hostalería que se adheriron a dita campaña. Cada persoa maior de 18 anos poderá descargar un único bono por importe de 50 euros. Para descargar os bonos hai que entrar no apartado de clientes da web bonos consuma e introducir os datos persoais do beneficiario. O prazo de validez do bono vai do 15 de decembro de 2023 ao 31 de xaneiro de 2024, salvo que se esgote o orzamento do programa.

Eventos del departamento

O 29 de decembro o Centro Social do Milladoiro organiza o obradoiro "Infantil e Maiores", no que os pequenos farán manualidades de Nadal cos seus avós e outros maiores do concello. O día 29 vaise adicar á elaboración de coroas de Nadal. Haberá dúas sesións: ás 11:00 e ás 17:00 horas.

O 28 de decembro a Casa dos Maiores de Bertamiráns organiza o obradoiro "Infantil e Maiores", no que os pequenos farán manualidades de Nadal cos seus avós e outros maiores do concello. O día 28 vaise adicar á elaboración de coroas de Nadal. Haberá dúas sesións: ás 11:00 e ás 17:00 horas.

O 29 de decembro o Centro Social do Milladoiro organiza o obradoiro "Infantil e Maiores", no que os pequenos farán manualidades de Nadal cos seus avós e outros maiores do concello. O día 2 vaise adicar á elaboración de coroas de Nadal. Haberá dúas sesións: ás 11:00 e ás 17:00 horas.

O obradoiro de “Menú Noite Boa” celebrararase no local Retumban Risas, no Milladoiro, de 10:00 a 12:00 horas. Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este  impreso para que os adultos fagan a inscrición. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.

O vindeiro 5 de decembro o espazo colaborativo A Proa, situado no Milladoiro, acollerá un seminario sobre o programa ICEX Next, impulsado por LEILOIO International, para favorecer a expansión internacional das empresas do Concello de Ames. O consultor homologado polo Instituto de Comercio Exterior de España (ICEX) no 2018 e empregado de LEILOIO, Luis Pombo Pereira, será o encargado de presentar o programa e de explicar como poden adherirse a el as empresas amesás. O obradoiro impartirase de 9:30 a 11:00 horas.

Para pechar o programa “AmesON” ,co que a Concellaría de Promoción Económica xunto coa de Cultura, xuntan forzas este verán para dinamizar a cultura e a economía en Ames, actuará a París de Noia no Milladoiro. Podése ver o cartel ca programación nesta ligazón.

Varias personaxes de debuxos infantís como Mickey Mouse e Minnie Mouse; o pato Donald; os Minions; Ladybug; Elsa, Anna e Olaf da película Frozen; unha representación da Patrulla Canina; e Bob Esponja; percorrerán as rúas do Milladoiro para animar a nenos/as e adultos durante este Nadal.

A veciñanza de Ames poderá gozar un ano máis das xa tradicionais prebadaladas. Desta volta, terán lugar o martes 31 de decembro, ás 11.00 horas, na Praza do Concello en Bertamiráns. Ademais de tomar as 12 uvas simulando a entrada do ano novo, os asistentes poderán gozar das actuacións dos gañadores do Canta con Ames e participar na Xincana Xove.

Desenvolverase na Praza do Concello en Bertamiráns. Haberá cotillón, degustación gratuíta de productos e uvas de larpeirada e arandos. Todo isto, cunha actuación musical.

O día 31 de decembro terán lugar, unha vez máis, as prebadaladas de Fin de Ano, na Praza do Concello, de 11:00 a 14:00 horas. A música dará comezo ás 11:30 horas. Esta actividade, encadrada dentro da programación de Nadal do Concello, só puido celebrarse nunha ocasión, no ano 2019, e logrou gran éxito entre a veciñanza.