Pestanas principais

Departamento de Promoción Económica e Emprego

Novas do departamento

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado xoves 30 de decembro de 2021 as bases da campaña Merc@mes, que suporá a volta das tarxetas bono para gastar no comercio e na hostalaría locais. Neste senso, o alcalde de Ames, Blas García, e o presidente da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), Jorge López, acompañados da concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, asinaron o convenio para a subvención destes bonos, aos que o Concello destinará 80.000 euros (75.000 euros para as tarxetas bono e 5.000 euros para a xestión de ditas tarxetas). Do 15 de xaneiro ao 15 de febreiro os establecementos amesás poderán inscribirse na campaña, mentres que tanto as solicitudes de novas tarxetas como as recargas das xa existentes comezarán o 1 de marzo.

O programa “AmesON” organiza un novo concerto o venres 13 de agosto. O dúo Sond de Caracas actuará no Parque de Manuel Murguía, no Milladoiro, ás 20.00 horas. O evento estaba previsto para o pasado 19 de xuño pero, polas condicións meteorolóxicas, adiouse a esta nova data.

A comisión de festas de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames e a Xuntanza de Empresarios de Ames, organiza a primeira festa de Samaín o vindeiro luns, 31 de outubro, co obxectivo de recadar fondos para a celebración das festas de Bertamiráns de 2023. Haberá unha actuación musical para nenos e nenas ás 18.00 horas, da man de Música Miúda, e actuará tamén o grupo Urakán, a partir das 20.30 horas. A festa será no aparcadoiro da Telleira. Entre as persoas que acudan á festa disfrazadas sortearase unha cesta para facer un cocido. Haberá servizo de cantina.

O Concello de Ames acollerá esta semana, dentro da programación do Nadal 2022, unha serie de obradoiros de creacións artesanais, os “talleres e xogos do mundo”, nos que se traballará con elementos típicos de Nadal. Celebraranse o mércores 28, o xoves 29 e o venres 30, nas prazas de Manuel Murguía, no Milladoiro, e da Maía, en Bertamiráns. A programación de Nadal ao completo pódese consultar premendo nesta ligazón.

Arrancou a nova edición do Canta con Ames e, despois de dúas xornadas de preselección, unha no Milladoiro e outra en Bertamiráns, xa se coñecen os nomes que pasarán á semifinal do próximo 3 de agosto na praza de Manuel Murguía do Milladoiro. Esta nova edición está a mellorar os rexistros da anterior en canto a asistencia ao evento e participación, pois con respecto ao ano anterior, os participantes aumentaron nun 60%. Preme nesta ligazón para ver a galería de fotos da fase de preselección.

Catro coworkers do espazo colaborativo A Proa do Concello de Ames (Rosa Taboada, fotógrafa e produtora audiovisual; Marcos Estévez, enxeñeiro forestal; Natalia Albaredo, arquitecta; e Diego Paz Ouviña, de proxecto Temporit, produtor audiovisual e que fai seguimento audiovisual de obras) participaron na Feira das Profesións 2024, organizado polos departamentos de orientación do IESP de Ames, o IES de Brión e o IES Xulián Magariños de Negreira. O evento organizouse no pavillón deportivo de Brión en horario de mañá e tarde. A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, estivo cos coworkers da Proa na Feira das Profesións.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organiza para este sábado, 31 de decembro, outra das iniciativas que se enmarcan dentro da programación de Nadal, as Prebadaladas de fin de ano, que terán lugar na praza do Concello, en Bertamiráns, a partir das 11:00 horas. Haberá animación da man dos gañadores/as das últimas dúas edicións do concurso Canta con Ames. Ademais, entre os asistentes repartiranse bolsas con cotillón, chicharróns e arandos, e para os máis pequenos tamén haberá lambetadas sen glute e batidos. Na praza instalarase unha carpa para que os asistentes poidan gozar da actividade en caso de previsión meteorolóxica adversa.

Este venres, 21 de xuño, botou a andar a primeira edición do concurso Baila con Ames. Debido á gran calidade das actuacións dos participantes nas dúas categorías do certame, o xurado decidiu que todos os/as participantes pasan á final.  Deste xeito, esta fase de preselección serviu de presentación das actuacións ante o xurado. Unhas 500 persoas acudiron de público e estiveron nas gradas das pistas deportivas do Milladoiro vendo os distintos espectáculos. Polo tanto, pasan á fase final 9 participantes na categoría individual ou parella e 9 grupos. A final do concurso farase en Bertamiráns o 31 de agosto na pista de deportes da praza de Chavián. Repartiranse 2.500 euros en premios. Premendo nesta ligazón pódese acceder á galería da fase de preselección.

Os Concellos de Ames e Brión acaban de poñer en marcha a quinta edición do obradoiro dual de emprego Renova no que participan 20 alumnos/as traballadores/as. Os alcaldes de Ames, Blas García, e de Brión, Pablo Lago, e a concelleira de Promoción Económica de Ames, Ana Paz, visitaron, esta mañá aos 20 alumnos/as deste novo obradoiro dual de emprego. Nesta edición pasa de 9 a 12 meses a formación que recibirán os alumnos/as traballadores/as sobre o certificado de profesionalidade oficial de Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas.

Os gañadores do concurso de ideas visitaron O Milladoiro para coñecer os terreos que van acoller o Centro Multifuncional de lecer, cultura e promoción económica. Esta visita prodúcese logo de que o pasado 19 de outubro se formalizase o contrato de servizo para a redacción do proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde da construción de centro multifuncional do Milladoiro coa empresa TUUNGOO ARQUITECTO AIE. que foi a gañadora do primeiro premio do concurso de ideas. Aproveitaron a visita para anunciar que o proxecto estará rematado a principios do 2022. Este proxecto, destinado á mocidade e persoas en risco de exclusión social no Milladoiro, está cofinanciado ao 80% con Fondos EDUSI IMPULSA AMES e ao 20% polo Concello de Ames.

Eventos del departamento

O Concello de Ames organiza a Gran Festa de Reis, dentro das actividades enmarcadas do Nadal en Ames.  O programa comezará coas recepcións reais para os nenos e nenas de Ames os días 3 e 4 de xaneiro, tanto en Bertamiráns coma en Milladoiro. Nestas visitas, os máis pequenos poderán pedirlles os seus desexos ás Súas Maxestades. As recepcións faranse nos pavillóns municipais de ámbalas localidades; o venres 3 pola tarde de 17.00 a 19.30 horas e o sábado 4 pola mañá de 11.00 a 13.30 e pola tarde de 17.00 a 19.30 horas. As visitas terán un intervalo de 5 minutos por cada unidade familiar.

O día 3 de xaneiro está programada unha recepción das súas maxestades os Reis Magos nos pavillóns de Bertamiráns e Milladoiro. O horario será de 16:30 a 20:00 horas.

O día 4 de xaneiro está programada unha recepción das súas maxestades os Reis Magos nos pavillóns de Bertamiráns e Milladoiro. O horario en ambos casos será de 11:30 a 14:00 horas, e de 16:30 a 20:00 horas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, pon en marcha un servizo de conciliación para que os pais e nais poidan realizar as cúas compras de Nadal no comercio local. Este servizo estará dispoñible do 12 de decembro ata o 9 de xaneiro nos centros de ocio; Planeta Máxico, no Milladoiro, e A Mona Ramona, en Bertamiráns.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, pon en marcha un servizo de conciliación para que os pais e nais poidan realizar as cúas compras de Nadal no comercio local. Este servizo estará dispoñible do 12 de decembro ata o 9 de xaneiro nos centros de ocio; Planeta Máxico, no Milladoiro, e A Mona Ramona, en Bertamiráns