Pestanas principais

Departamento de Promoción Económica e Emprego

Novas do departamento

Ana Freire Mato, gañadora da campaña “Ilumina o teu sorriso”, recibiu hoxe o seu móbil de última xeración na clínica dental Lindo Dente de Bertamiráns. Organizada polas asociacións de comerciantes e empresarios, en colaboración co Concello de Ames, este concurso de fotografía tiña por obxectivo a promoción do comercio local, a través da realización de catro fotografías en diferentes lugares de Bertamiráns e do Milladoiro.

O Pleno do Concello de Ames, na sesión extraordinaria celebrada o 9 de marzo de 2022, aprobou de xeito inicial o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2022. Ao non presentarse alegacións quedou aprobado con carácter definitivo o 7 de abril de 2022, trala publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. O orzamento municipal de 2022 ascende á cifra de 28.707.012 euros, continuando un ano máis co compromiso no investimento e desenvolvemento de programas municipais, así como co reforzo e ampliación dos distintos servizos prestados pola Administración local. O expediente completo coa información orzamentaria de 2022 xa pode ser consultada no Portal da Transparencia da web municipal no apartado de Información Orzamentaria.

Coa finalidade de complementar as medidas que se puxeron en marcha para facer fronte aos efectos máis inmediatos da crise provocada pola Covid-19, o Concello de Ames está a deseñar e desenvolver o Plan Reactiv@mes, un plan de choque que incluirá medidas de apoio concretas para o tecido económico local, e que complementen ás xa postas en marcha. Para facer efectivo o apoio técnico e a participación social no deseño destas medidas, o Concello está a artellar un sistema de participación a través dunha mesa de participación do Plan Reactiv@mes, na que están representados axentes económicos e sociais do Concello. A Comisión desenvolveu unha primeira reunión, a través de videochamada, na que se procedeu á presentación da mesma (membros, obxectivos e sistema de funcionamento) e se abordaron as necesidades do tecido empresarial local e suxestións de medidas a poñer en marcha para a súa reactivación económica.

A ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, foi recibida polo alcalde, pola concelleira de Promoción Económica e unha ampla representación dos concelleiros e concelleiras que forman parte da Corporación municipal, na visita que fixo este xoves, 25 de maio, ao centro coworking Espazo A Proa, no Milladoiro. A ministra, que estivo acompañada da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, participou nun encontro coas empresas amesás do sector da comunicación, innovación, tecnolóxico e audiovisual. Tamén conversou co alumnado e profesorado dos colexios que gañaron o concurso de Innovames 2022 para proxectos educativos innovadores (CEIP Barouta, CEIP Agro do Muíño e IES do Milladoiro).

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición do concurso Canta con Ames, para o que xa están abertas as inscricións nas categorías xuvenil, adultos, dúos e tríos, e profesional. As inscricións poden realizarse a través do correo amesnarua@gmail.com ata o 1 de xullo.  Haberá unha fase de preselección no Milladoiro e en Bertamiráns os días 12 e 13 de xullo. A semifinal será no Milladoiro o 3 de agosto e a final celebrase en Bertamiráns o 11 de agosto. O concurso será presentado por Loly Gómez, e o xurado estará composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López. As bases do concurso poden consultarse premendo nesta ligazón.

O programa AmesOn de verán chega ao seu fin este domingo, 18 de setembro, coa actuación da orquestra Panorama e das gañadoras do concurso Canta con Ames: Adriana Vigo, María Iglesias, Montse Angueira e José Rey. Dita actividade realizarase no aparcamento da rúa Agro do Medio, ao carón do Supercor, no Milladoiro. Estará prohibido estacionar no aparcadoiro do Supercor e no tramo da rúa Agro do Medio, nos cruces coa rúa Pardiñeiros e coa rúa Cruxa, dende as 16.00h do sábado 17 de setembro ata as 8.00 horas do luns 19 de setembro.

A orquestra actuará no aparcamento do Supercor, no Milladoiro, ás 21.15 horas. Durante o espectáculo, ao que este ano lle engaden 15 minutos de cancións infantís, actuarán as gañadoras do concurso Canta con Ames. Cada solicitante poderá adquirir un máximo de 3 entradas que xa se poden reservar premendo nesta ligazón. Haberá un aforo de 950 persoas. Non se poderá acceder ao recinto  partir das 21.15 horas.

As actividades da programación de Nadal continúan este xoves, 22 de decembro, ás 20:00 horas, na praza da Maía, en Bertamiráns, co espectáculo “Isto é Rock” que forma parte do AmesOn de Nadal. Trátase dun espectáculo familiar sobre a historia do rock con música en vivo baseada no libro infantil “Isto é rock!” de Javier Becerra. No repertorio inclúense temas como “Waterloo” (Abba), “Satisfaction” (The Rolling Stones), “Piece Of My Heart” (Janis Joplin), “Blitzkrieg bop” (Ramones), “Bohemian Rapsody” / “We Will Rock You” (Queen) ou “Highway To Hell” (AC/DC), entre outros. A programación de Nadal ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

Este sábado, 31 de agosto, a pista de deportes da praza de Chavián, en Bertamiráns, acollerá a fase final da primeira edición do concurso “Baila con Ames” a partir das 19:00 horas. Debido á gran calidade das actuacións dos participantes nas dúas categorías do certame, durante a fase de selección o xurado decidiu que todos os/as participantes pasaran á final. Deste xeito, na fase final do concurso competirán 9 participantes na categoría individual ou parella e 9 grupos.  Entre os e as gañadoras repartiranse 2.500 euros en premios.

Este sábado, 9 de decembro, ás 18.00 horas, na praza do Concello, en Bertamiráns, está previsto que se celebre o tradicional acto de acendido das luces de Nadal. Actuarán o combo da Escola Municipal de Música de Ames, o coro Voces da Maía e mailo coro Elelas. Ademais, haberá unha degustación gratuíta de chocolate con churros. Un representante do coro Voces da Maía e outro do coro Elelas serán os encargados de premer o botón de acendido do alumeado. As luces de Nadal estarán acendidas en horario de 18.00 a 02.00 horas dende este sábado, 9 de decembro, ata o día 6 de xaneiro (incluído).

Eventos del departamento

O sábado 5 de agosto, a partir das 23:00 horas, dará comezo a actuación programada pola comisión de festas do Milladoiro con motivo da Madalena. Estarán presentes a orquestra Alianza e o DJ Macro CDC. Será na explanada que se atopa a carón da Travesía do Porto, onde está situada a área de autocaravanas. 

O domingo 6 de agosto, a partir das 23:00 horas, dará comezo a actuación programada pola comisión de festas do Milladoiro con motivo da Madalena. Estarán presentes a orquestra Venecia e o DJ Marcos Magán. Será na explanada que se atopa a carón da Travesía do Porto, onde está situada a área de autocaravanas. 

O luns 7 de agosto, a partir das 23:00 horas, dará comezo a actuación programada pola comisión de festas do Milladoiro con motivo da Madalena. Estarán presentes as orquestras D'Noche e Los Coleguitas. Será na explanada que se atopa a carón da Travesía do Porto, onde está situada a área de autocaravanas. 

As Festas da Peregrina de Bertamiráns continúan o venres 11 de agosto cun concerto a cargo do grupo amesán As Maianas e do dúo Caamaño & Ameixeiras. De seguido, ás 23.00 horas no campo da festa da Peregrina haberá verbena a cargo da orquestra Finisterre e Disco móbil Chocolate.

O día 10 de agosto terán lugar, no marco das Festas da Peregrina, a actuación dos Festicultores, a partir das 21:00 horas (na praza da Maía), e da orquestra Kubo, a partir das 23:00 horas (no campo da festa da Peregrina). 

O domingo 13 de agosto, ás 23.00 horas, haberá verbena no campo de festa da Peregrina a cargo da orquestra Compostela e Disco Móbil CDC. 

O luns 14 de agosto darase remate ás Festas da Peregrina coa actuación, no campo da festa, da orquestra Nueva Fuerza. Será a partir das 23:00 horas. 

As Festas da Peregrina continúan o sábado 12 de agosto cunha romaría urbana que se realizará no parque do Ameneiral. Comezará ás 13.30 horas cunha sesión vermú. Ao longo de toda a tarde haberá diversas actuacións musicais a cargo de Mad Martín, La Reunión, Michu da Rocha e Doctor Snob, que enlazarán co concerto de Los Mecánicos previsto para ás 21.00 horas. A actuación de Los Mecánicos enmárcase dentro do AmesOn. A través desta iniciativa trátase de levar a festa ao centro de Bertamiráns para que a veciñanza poida gozar desta romaría e tamén teña un retorno económico para os establecementos comerciais e hostaleiros da localidade.

O mércores 9 de agosto comezará a música e a verbena das Festas da Peregrina de Bertamiráns, co concerto de Sabela no parque do Ameneiral ás 21.00 horas, e coa actuación da orquestra Panorama e Disco Móbil Fabrik no campo da festa da Peregrina, ás 23:00 horas.

A gran final do concurso Canta con Ames realizarase o 18 de agosto, ás 20.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Na fase final as 12 persoas aspirantes interpretarán dous temas completos por participante e de diferente estilo musical. Non poderán coincidir en temas musicais entre as persoas candidatas, de ser así, deberán chegar a acordo para non interpretar o mesmo.