- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02
- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
-
Responsable municipal: Concellaría de Economía e Facenda
Pestanas principais
Departamento de Servizos Económicos
Novas do departamento
O Goberno municipal de Ames continúa traballando na municipalización do servizo do Ciclo Integral da Auga. Para iso mantiveron esta mañá unha xuntanza na Casa do Concello con María Sánchez, concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible do Concello de Valladolid, así como presidenta da entidade pública empresarial Aquavall. Tratouse dun encontro no que a presidenta de Aquavall explicou o funcionamento de dita entidade pública co obxectivo de que serva de referencia para o proceso de municipalización da agua no Concello de Ames.
O salón de plenos da Casa do Concello acolleu este xoves, 20 de febreiro, un pleno extraordinario no que a Corporación municipal aprobou de xeito inicial o orzamento municipal de Ames para o exercicio 2020. Deste xeito, adiantase nun mes a aprobación do presuposto respecto ao exercicio 2019 e en dous meses respecto aos orzamentos aprobados en 2017 e 2018. É o cuarto orzamento consecutivo que aproba a Corporación municipal do Concello de Ames dende abril de 2017. O orzamento de 2020 ascende a cifra de 27.370.000 euros, incrementando en 1.370.000 euros (5,29%) respecto do presuposto de 2019. Trátase do maior orzamento municipal aprobado no Concello de Ames. Recolle un forte compromiso nos capítulos de investimentos, desenvolvemento dos servizos básicos, e blinda as áreas de educación e servizos sociais.
A Corporación municipal aprobou de xeito inicial o orzamento municipal de Ames para o exercicio 2024, nunha sesión plenaria extraordinaria que se desenvolveu este xoves, 22 de febreiro. Agora, dende a súa publicación no BOP, o documento orzamentario estará en exposición pública durante 15 días hábiles. Trátase do oitavo orzamento que se aproba de xeito consecutivo dende o ano 2017. O orzamento xeral de 2024 ascende á cifra de 32.568.424,74 euros. Trátase dun orzamento que segue a mesma liña de orzamentos de anos anteriores, onde se blindan áreas como a educación, os servizos sociais e os servizos básicos. A principal área de gasto pasa a ser educación co 22,30% do total do orzamento. Esta área medra respecto a 2023 un 3,56%. A segunda área con maior gasto é benestar comunitario co 16,80%, e na terceira posición está servizos sociais e promoción social, que representa o 9,80% do orzamento total. Premendo nesta ligazón podes ver o vídeo do pleno extraordinario sobre o orzamento de 2024.
A Corporación municipal aprobou de xeito inicial o orzamento municipal de Ames para o exercicio 2022, nunha sesión plenaria extraordinaria que se desenvolveu este mércores, 9 de marzo. Agora, dende a súa publicación no BOP, o documento orzamentario estará en exposición pública durante 15 días hábiles. É o sexto orzamento consecutivo que aproba a Corporación municipal do Concello de Ames dende abril de 2017. O orzamento de 2022 ascende á cifra de 28.707.012 euros. Trátase dun orzamento no que se aposta polos servizos básicos que segue a ser á area de maior gasto con 6.335.568,54 euros (22,07%), seguida de educación con 5.242.367,79 euros (18,26%) e servizos sociais e promoción social cun crédito asignado de 2.556.653,37 euros (9%).
Este xoves, 31 de xaneiro, celebrouse o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro no que a Corporación municipal aprobou por unanimidade concertar o crédito extraordinario 1/19, por valor de 312.127 euros, para sufragar as actuacións do exercicio 2019, incluídas no Plan Impulsa Ames da EDUSI. Outros temas que saíron adiante foron: a aprobación inicial da ordenanza de Convivencia cidadá do Concello de Ames; a aprobación inicial do regulamento do programa Xantar na Casa; a resolución das alegacións e maila aprobación definitiva da modificación do regulamento de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes divertidas; e mailo Acordo para a estabilización do emprego temporal no Concello de Ames.
Este xoves, 31 de xaneiro, celebrarase o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro no que a Corporación municipal debaterá a aprobación inicial do crédito extraordinario 1/19 para sufragar as actuacións do exercicio 2019 incluídas no Plan Impulsa Ames da EDUSI. Outros temas que debaterá a Corporación municipal son a aprobación inicial da ordenanza de Convivencia cidadá do Concello de Ames, así como a aprobación inicial do regulamento do programa Xantar na Casa. Tamén se aprobará, se procede, a resolución das alegacións e maila aprobación definitiva da modificación do regulamento de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes divertidas, o Acordo para a estabilización do emprego temporal no Concello de Ames, e unha proposta presentada polo grupo municipal do Partido Popular. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a convocatoria coa orde do día do pleno ordinario de xaneiro.
O Salón de Plenos do Concello acolleu a presentación dos Orzamentos Participativos (OP)para o ano 2020. O proceso, a través do que a veciñanza pode facer propostas para decidir investimentos, conta cun presuposto de 200.00 euros no Orzamento 2021 do Concello. Ademais dos cartos destinados ao conxunto do rural e á mocidade, este ano os OP incluirán partidas para actividades ou programas dirixidos á muller, á cultura e ao medio. O prazo de presentación de propostas iniciase a próxima semana e anunciarase na web do Concello. As Asembleas Territoriais e Consellos Sectoriais comezarán a finais de agosto e desenvolveranse ao longo do mes de setembro. Publicarase na web a data, lugar e hora de cada asemblea. Por mor da Covid19, nesta edición haberá posibilidade de participación presencial e telemática a través de distintas canles.
O Pleno do Concello de Ames, na sesión extraordinaria celebrada o 22 de febreiro de 2024, aprobou de xeito inicial o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2024. Ao non presentarse alegacións quedou aprobado con carácter definitivo o 22 de marzo de 2024, trala publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. O orzamento municipal de 2024 ascende á cifra de 32.568.424,74 euros. Trátase dun orzamento que segue a mesma liña de orzamentos de anos anteriores, onde se blindan áreas como a educación, os servizos sociais e os servizos básicos.
A Concellaría de Economía e Facenda vén de publicar unha campaña dobre o Plan especial de pagamento individualizado, que permite solicitar o fraccionamento sen xuros dos recibos dos impostos municipais xestionados pola Deputación (IBI, vehículos, IAE, etc.) en 10 mensualidades a partir de 2022 e en 7 meses durante este ano 2021. A veciñanza amesá tamén se pode acoller ao sistema especial de pagamento voluntario dos recibos en dous prazos sen xuros. Para poder acollerse no 2021 a estes plans hai que tramitar a solicitude antes do 30 de abril de 2021. Para obter máis información pódese escribir un correo electrónico ao enderezo atencion.tributaria@dacoruna.gal ou chamar ao número de teléfono gratuíto 900 132 204.
Este mércores, 15 de decembro, presentáronse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, as modificacións realizadas para mellorar a aplicación de Orzamentos Abertos que recolle a información da xestión orzamentaria municipal. Dita aplicación foi creada en 2017 para que a veciñanza amesá teña acceso, de xeito facilmente comprensible e manexable, a toda a información económica do Concello, orzamento municipal, detalle de ingresos e gastos por áreas, pago a provedores, etc. Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Economía e Facenda que recolle información económica dende 2014 ata 2021. Esta nova ferramenta informática basease nos principios de transparencia, eficiencia, participación e consulta.
- ‹ anterior
- 6 de 6
Trámites do departamento
Eventos del departamento
Este luns, 14 de setembro, de 19.00 a 20.00 horas, celébrase unha xuntanza no local social de Transmonte, sobre os Orzamentos Participativos de 2020. Trátase dunha asemblea de presentación de propostas .
- ‹ anterior
- 2 de 2