Procesos selectivos rematados

02/05/2024

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co desistimento do acordo polo que se aprobaron as bases e a convocatoria para cubrir a praza de auxiliar administrativo/a do Concello de Ames contida na oferta de emprego público do ano 2023.

24/04/2024

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a revogación da convocatoria e das bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de oficial de obras e servizos básicos, que foi publicada o xoves 11 de maio de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

06/06/2023

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio coa proposta de resolución do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de dous peóns para o departamento de Medio ambiente do Concello de Ames, subvencionada a través do programa de axudas PEL 2023. 

06/06/2023

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio coa proposta de resolución do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de dous peóns para o departamento de Obras e servizos básicos do Concello de Ames, subvencionada a través do programa de axudas PEL 2023. 

10/11/2022

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicos dous decretos sobre o cese e nomeamento do posto de técnico de secretaria e sobre a creación dunha bolsa de agarda de técnico de secretaria. Ditos decretos corresponden ao proceso selectivo para a selección e nomeamento, como funcionario/a interino/a ata cobertura de vacante, dun/dunha técnico/a de secretaría pertencente á escala de administración, subescala técnica, clase superior, subgrupo A1, do Concello de Ames.

04/11/2022

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o anuncio publicado no DOG  sobre o nomeamento de funcionario de carreira e creación de lista de agarda de arquitectos/as. Dito anuncio pertence ao proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a funcionario/a de carreira, contida na oferta de emprego público de 2018.

20/07/2022

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a resolución do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de arquitectos técnicos do Concello de Ames.

08/07/2022

O departamento de Persoal do Concello de Ames publica as bases do proceso selectivo para a selección de tres persoas (peón/peoa forestal, capataz e auxiliar administrativo/a) para a brigada de prevención de lumes forestais no concello de Ames (APROL RURAL 2022).

29/06/2022

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a resolución do proceso selectivo de PSX de escolas infantís municipais, coa formación dunha bolsa de traballo temporal coas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde descendente de puntuacións.

25/01/2022

O Departamento de Persoal fai público o proceso selectivo para a cobertura por promoción interna dunha praza de oficial xardineiro do Concello de Ames mediante o procedemento de concurso oposición.