Presencial
Online
Sede Electrónica
Martes, 1 xaneiro, 2019
Tramite activo:
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE):
O procedemento de "solicitude de certificado de empadroamento" regula a concesión, por parte do Concello, do certificado acreditativo dos datos persoais e domicilio, segundo constan no padrón de habitantes do municipio.
O cidadán poderá escoller o tipo de certificado que necesita, segundo a seguinte clasificación:
- Certificado de Empadroamento Individual
- Certificado de Empadroamento Colectivo
- Certificado de Empadroamento Histórico
- Certificado de Empadroamento Negativo Individual
- Certificado de Empadroamento Negativo Colectivo
QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:
Calquera persoa física que desexe obter un certificado de empadroamento.
COMO E ONDE FACER O PROCESO:
- Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
DOCUMENTACIÓN:
- Solicitude de certificado de empadroamento.
- Documentación acreditativa do parentesco. En caso de menores ou de persoas falecidas, deberase achegar documentación acreditativa do parentesco: libro de familia, declaración de herdeiros, etc.
- Autorización da expedición do certificado.
NORMATIVA APLICABLE:
- Real Decreto 2612/1996, do 20 de decembro, polo que se modifica o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais aprobado polo Real Decreto 1690/1986, do 11 de xullo.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
MÁIS INFORMACIÓN:
- Nome: Solicitude de certificado de empadroamento.
- Unidade tramitadora: Estatística.
- Inicio do procedemento: A instancia de parte.
- Tipo de interesado: Persoa física.
- Órgano de resolución: Alcaldía.
- Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
- Prazo de execución: 3 meses.
- Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
- Taxas/Impostos: Non aplica.