Pestanas principais

Comunicación previa de cambio na actividade

Presencial
Online
Sede Electrónica
Martes, 1 xaneiro, 2019
Tramite activo: 
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE):

A Comunicación Previa de Cambio na Actividade deberá presentarse nos casos de cambio de titularidade, dando lugar á transferencia de responsabilidades do anterior ao novo titular e nos casos en que se produza calquera cambio relativo ás condicións ou ás características da actividade ou do establecemento que non afecten a seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.

Se a actividade non conta con licenza, ou non foi previamente comunicada ao Concello, así como cando co traspaso do negocio se modifica a actividade ou se levan a cabo obras no establecemento, deberanse presentar as comunicacións ou solicitudes de licenza que sexan preceptivas.

QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:

  • No caso de traspaso, quen exerza a nova titularidade. No resto dos casos, quen exerza a titularidade da actividade.

COMO E DONDE FACER O PROCESO:

  • Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

DOCUMENTACIÓN:

  • Comunicación Previa de Cambio na Actividade.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo.
  • Copia de licenza de apertura ou comunicación previa de inicio da actividade.
  • Xustificante de pago da taxa segundo a ordenanza vixente.

        No caso de traspaso:

  • Copia do documento xustificativo do cambio de titularidade (escritura de propiedade, contrato de aluguer, etc.).
  • Documento no que se acredite o consentimento para realizar o cambio do/a anterior e do/a novo/a titular ou sentenza xudicial que o dispoña.
  • Copia da constitución da sociedade se a houbese.

NORMATIVA APLICABLE:

  • Nome: Comunicación Previa de Cambio na Actividade.
  • Unidade tramitadora: Urbanismo.
  • Inicio do procedemento: A instancia de parte.
  • Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
  • Órgano de resolución: Alcaldía.
  • Carácter do silencio administrativo: Silencio positivo.
  • Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.