- Tipo
- Temas
A Comunicación Previa de Cambio na Actividade deberá presentarse nos casos de cambio de titularidade, dando lugar á transferencia de responsabilidades do anterior ao novo titular e nos casos en que se produza calquera cambio relativo ás condicións ou ás características da actividade ou do establecemento que non afecten a seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.
Se a actividade non conta con licenza, ou non foi previamente comunicada ao Concello, así como cando co traspaso do negocio se modifica a actividade ou se levan a cabo obras no establecemento, deberanse presentar as comunicacións ou solicitudes de licenza que sexan preceptivas.
QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:
- No caso de traspaso, quen exerza a nova titularidade. No resto dos casos, quen exerza a titularidade da actividade.
COMO E DONDE FACER O PROCESO:
- Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
DOCUMENTACIÓN:
- Comunicación Previa de Cambio na Actividade.
- No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo.
- Copia de licenza de apertura ou comunicación previa de inicio da actividade.
- Xustificante de pago da taxa segundo a ordenanza vixente.
No caso de traspaso:
- Copia do documento xustificativo do cambio de titularidade (escritura de propiedade, contrato de aluguer, etc.).
- Documento no que se acredite o consentimento para realizar o cambio do/a anterior e do/a novo/a titular ou sentenza xudicial que o dispoña.
- Copia da constitución da sociedade se a houbese.
NORMATIVA APLICABLE:
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola licenza de apertura de establecementos.
- Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
MÁIS INFORMACIÓN:
- Nome: Comunicación Previa de Cambio na Actividade.
- Unidade tramitadora: Urbanismo.
- Inicio do procedemento: A instancia de parte.
- Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
- Órgano de resolución: Alcaldía.
- Carácter do silencio administrativo: Silencio positivo.
- Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.