Pestanas principais

Convocatoria de axudas dirixida ás familias numerosas de Ames

Presencial
Online
Sede Electrónica
xoves, 13 Xuño, 2024 a luns, 15 Xullo, 2024
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE):

  • Apoiar ás familias numerosas de Ames, fixando ao mesmo tempo poboación no concello e potenciando un crecemento demográfico sostido no tempo. A contía total destinada a esta convocatoria é de 100.000 euros, sendo o importe individual das achegas concedidas ás familias dun máximo de 1.200 euros.

QUEN PODE FACELO:

  • Poden optar a estas subvencións as unidades de convivencia que teñan fixada a súa residencia habitual no Concello de Ames, cun mínimo dun ano de antigüedade ininterrompido á data de formulación da solicitude, sempre que acriditen o cumprimento dos requisitos indicados nas bases.
  • Entenderase por unidade de convivencia o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico e se atopen vinculadas coa persoa solicitante por matrimonio ou calquera outra forma de relación estable análoga á conxugal, por nacemento, adopción ou acollemento.
  • Serán requisitos necesarios para a concesión da axuda regulada nestas bases:
    • Estar en posesión do título de familia numerosa en vigor no momento da solicitude. Os/as fillos/as que dean lugar a expedición do título de familia numerosa deberán ter nacido con anterioridade ou dentro do ano 2023.
    • Todos os fillos/fillas incluídos no título de familia numerosa deberán formar parte da unidade de convivencia.
    • Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, a persoa beneficiaria da prestación será o pai/nai que teña a custodia dos fillos/as, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza de separación, divorcio ou modificación de medidas. Os fillos/s deben formar parte da mesma unidade de conviencia que o proxenitor que teña a custodia, xustificándoo mediante o certificado de convivencia. En caso de custodia compartida recibirase unha única achega ao proxenitor que a solicitase. No suposto de que ambos proxenitores tramitaran a solicitide por separado resolverase por orde de entrada da solicitude no Rexistro, inadmintíndose a trámite por este motivo a última solicitude.
    • No caso de que un dos proxenitores se atope traballando fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e non figure empadroado neste municipio, deberá acreditalo con copia do correspondente contrato de traballo e calquera outro documento que acredite a residencia efectiva (contrato de aluguer, etc).
    • No caso de que un mesmo menor dea lugar á expedición de dous títulos de familia numerosa, só se concederá esta axuda ao proxenitor que ostente a custodia deste menor ou menores.
    • No caso de familias monoparentais só se requirirá que figure empadroado cun ano de antigüedade  pai ou nai que teña a custodia dos fillos/as. Entenderase a estes efectos por familia monoporantal aquela na que un dos proxenitores convive cos seus fillos/as menores ou dependentes sendo ademais o responsable único dos mesmos.
    • No caso dos menores que teñan titor, requirese que figure empadroado no padrón municipal o titor/es do menor.
    • En ningún caso poderán ser beneficiarios/as os proxenitores privados de patria potestade dos seus fillos/as, ou se a tutela fora asumida por unha institución pública.
  • Requisitos requeridos á renda:
    • As unidades de convivencia deberán ter unha renda inferior aos límites máximos de renda que se recollen nas bases desta convocatoria.
    • O importe abonado en concepto de alugueiro ou hipoteca pola residencia habitual deducirase dos ingresos netos da unidade familiar, cando esta sexa a única vivenda titularidade dos membros da unidade de convivencia. O límite máximo de dudución por este concepto ascende a 6.000 euros anuais.
    • A concesión destas axudas será como límite global o crédito da convocatoria indicado na base 3, priorizando a situación económica da unidade familiar no caso de que este límite non alcanzase a cubrir todas as solicitudes presentadas.
  • Requisitos requeridos ao patrimonio:
    • As unidade de convivencia deberán contar cun patrimonio, excluída a vivenda habitual, valorado nun importe inferior aos límites que se recollen nas bases desta convocatoria.
  • Outros requisitos:
    • A totalidade dos integrantes da unidade de convivencia deberán estar ao corrente na data de solicitude e do pagamento no cumprimento das súas obrigas tributarias (AEAT, Deputación e Concello de Ames) así como coa Serguridade Social. Ningún deles poderá incorrer non supostos aos que se refire o artigo 13.2 da LXS. Ningún dos integrantes da unidade de convivencia poderá ter pendente de xustificación nigunha achega concedida polo Concello, a non ser que lles fora concedida unha prórroga.

CANDO:

  • Convocatoria anual.

ONDE:

DOCUMENTACIÓN:

  • As persoas solicitantes deberán entregar xunto coa solicitude de subvención, a autorización tributaria para a cuantificación da capacidade económica da unidade familiar e a declaración responsable. Do mesmo xeito, tamén deberá ser entregada unha fotocopia compulsada do DNI/NIF ou de calquera outro documento acreditativo da identidade da persoa solicitante, unha fotocopia compulsada do título de familia numerosa en vigor e un documento bancario onde se indique o número de código IBAN da conta onde haxa que efectuar o ingreso da subvención (indicando o titular da conta, que deberá coincidir coa persoa solicitante da axuda).
  • De ser o caso, tamén se deberá entregar unha copia compulsada do auto de medidas provisionais, da sentenza de nulidade, separación ou divorcio, así como do convenio regulador ou da sentenza de modificación de medidas; unha fotocopia compulsado do documento acreditativo da condición de titora ou titor da ou do menor; ou unha fotocopia compulsada dos xustificantes de pagamento do alugueiro ou da hipoteca dunha vivenda do ano obxecto da convocatoria.

RESPONSABLE:

NORMATIVA APLICABLE: