Presencial
Online
Sede Electrónica
Martes, 1 xaneiro, 2019
Tramite activo:
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE):
O procedemento "solicitude de información urbanística" ten por obxecto regular a obtención de información acerca da situación urbanística dun inmoble ou edificio, así como sobre a posibilidade de instalación dunha actividade determinada nun local ou dependencia dun inmoble.
QUEN PODE FACELO:
Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter información sobre o réxime urbanístico de aplicación a un inmoble, unidade de actuación, ou sector.
COMO E ONDE FACER O PROCESO:
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
DOCUMENTACIÓN:
- Solicitude de información urbanística.
- Plano de situación. Plano de situación da cartografía municipal, marcando o contorno da parcela ou vivenda obxecto da información urbanística.
- Licenza de edificación. Copia da licenza de edificación ou, de ser o caso, xustificante da antigüidade desta, se a información solicitada se refire a actuacións en edificacións, ou a posibles.
- Dossier fotográfico. Incluír fotografías nos seguintes casos: edificios ou parcelas na zona monumental, edificios ou parcelas suxeitas a protección e parcelas nas que existan edificacións.
- Xustificante de pago das taxas segundo a ordenanza vixente.
NORMATIVA APLICABLE:
- Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos.
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia.
- Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
MÁIS INFORMACIÓN:
- Nome: Solicitude de información urbanística.
- Unidade tramitadora: Urbanismo.
- Inicio do procedemento: A instancia de parte.
- Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
- Órgano de resolución: Alcaldía ou Xunta de Goberno Local.
- Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
- Prazo de execución: 3 meses.
- Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
- Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.