Pestanas principais

Solicitude de licenza de talla en procesos urbanísticos

Presencial
Online
Sede Electrónica
Martes, 1 xaneiro, 2019
Tramite activo: 
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE):

A Solicitude de Licenza de Talla en Procesos Urbanísticos deberá presentarse para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:

  • A corta de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva en terreos incorporados a procesos de transformación urbanística e, en todo caso, cando a devandita corta derive da lexislación de protección do dominio público.
  • (Art. 142.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).
QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha licenza de talla en procesos urbanísticos.

COMO E ONDE FACER O PROCESO:

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

DOCUMENTACIÓN:
  • Solicitude de licenza de talla en procesos urbanísticos.
  • Proxecto Técnico (Básico e/ou de Execución), visado polo correspondente Colexio Profesional.
  • Documentación acreditativa da titularidade do inmoble ou terreo (no seu caso).
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas.
MÁIS INFORMACIÓN:
  • Nome: Solicitude de Licenza de Talla en Procesos Urbanísticos.
  • Unidade tramitadora: Urbanismo.
  • Inicio do procedemento: A instancia de parte.
  • Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
  • Órgano de resolución: Alcaldía ou Xunta de Goberno Local.
  • Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
  • Prazo de execución: 3 meses.
  • Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.
  • Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.