Presencial
Online
Sede Electrónica
Martes, 1 xaneiro, 2019
- Temas
Tramite activo:
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE):
A Solicitude de Licenza de Talla en Procesos Urbanísticos deberá presentarse para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:
- A corta de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva en terreos incorporados a procesos de transformación urbanística e, en todo caso, cando a devandita corta derive da lexislación de protección do dominio público.
- (Art. 142.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).
QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:
Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha licenza de talla en procesos urbanísticos.
COMO E ONDE FACER O PROCESO:
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
DOCUMENTACIÓN:
- Solicitude de licenza de talla en procesos urbanísticos.
- Proxecto Técnico (Básico e/ou de Execución), visado polo correspondente Colexio Profesional.
- Documentación acreditativa da titularidade do inmoble ou terreo (no seu caso).
- Autorizacións sectoriais previas preceptivas.
NORMATIVA:
- Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola expedición de licenzas urbanísticas.
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia.
- Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
MÁIS INFORMACIÓN:
- Nome: Solicitude de Licenza de Talla en Procesos Urbanísticos.
- Unidade tramitadora: Urbanismo.
- Inicio do procedemento: A instancia de parte.
- Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
- Órgano de resolución: Alcaldía ou Xunta de Goberno Local.
- Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
- Prazo de execución: 3 meses.
- Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.
- Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.