Actualidad

Por ejemplo, 11-02-2025
Por ejemplo, 11-02-2025
Miércoles, 02 de octubre de 2024
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a exposición “O artesán, as mans sabias”, do fotógrafo Toño Villar

O vestíbulo de exposicións da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle ata o luns 14 de outubro a mostra “O artesán, as mans sabias”, composta por 21 imaxes elaboradas polo fotógrafo Toño Villar que recollen o traballo de Xosé Tunhas, artesán e veciño da parroquia de Trasmonte.

Domingo, 08 de septiembre de 2024
Éxito de participación na cuarta edición dos Seráns de Ames

O programa de verán “Seráns de Ames” estase a converter nunha das iniciativas con maior afluencia de público da programación municipal de verán. Este programa combinou espectáculos musicais, con actividades de danza, novo circo, monicreques e monólogos. As sete sesións dos “Seráns de Ames” celebráronse en Tapia, Bugallido, Biduído e Agrón. Deste xeito, trátase de achegar a programación municipal ás parroquias do rural de Ames. Este programa terá continuidade co obxectivo de entreter e achegar diversos espectáculos culturais á veciñanza amesá durante as tardes de verán. Premendo nesta ligazón pódese acceder a unha galería con fotografías das sesións dos Seráns de Ames 2024.

Sábado, 07 de septiembre de 2024
A Escola Municipal de Teatro organiza un curso de técnicas teatrais para falar en público

A Escola Municipal de Teatro, en colaboración co departamento de Cultura, organiza un curso de técnicas teatrais para falar en público. Será na Casa da Cultura do Milladoiro os días 26 e 27 de setembro en horario de 19:00 a 22:00 horas, e o día 28, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Para esta actividade ofrécense un total de 15 prazas, que serán cubertas por orde de inscrición. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo entre o 9 e o 18 de setembro enviando un correo ao enderezo electrónico cultura@concellodeames.gal.

Sábado, 31 de agosto de 2024
Aberto do 2 ao 10 de setembro o período de inscrición nas prazas libres da Escola Municipal de Teatro

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre o vindeiro luns, 2 de setembro, o prazo extraordinario para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os interesados en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro. O prazo estará aberto ata o 10 de setembro.

Lunes, 26 de agosto de 2024
O monologuista Manolo Boquete pecha os Seráns de Ames este xoves en Tapia

Este xoves, 29 de agosto, a praia fluvial de Tapia acollerá a sétima e derradeira xornada dos Seráns de Ames. Esta iniciativa, que se desenvolveu durante os meses de xullo e agosto, acolle nesta ocasión o espectáculo do monologuista Manolo Boquete, ás 19:00 horas. Premendo nesta ligazón podes consultar o cartel ao completo dos “Seráns de Ames”.

Jueves, 22 de agosto de 2024
A Ameixenda celebra esta fin de semana as súas festas na honra de Santa Mariña

Dende este venres 23 de agosto e ata o domingo 25 de agosto a parroquia da Ameixenda celebra as festividades na honra de Santa Mariña. Durante os vindeiros días haberá misas e pasarrúas, verbenas e sesións vermú. Estas festas contan coa colaboración do Concello de Ames.

Jueves, 08 de agosto de 2024
Paris de Noia inicia os festexos da Peregrina acompañada de 4.500 persoas

Onte deron comezo en Bertamiráns as festas da Peregrina, uns festexos que rematarán o domingo 11, despois de cinco días de música e verbena para todos os públicos. Despois da actuación da orquestra París de Noia a pasada noite, hoxe é a quenda da orquestra Los Satélites no campo da festa da Peregrina a partir das 23:00 horas.

Miércoles, 07 de agosto de 2024
Guadi Galego chega a Bertamiráns este venres co seu novo proxecto “Síntese horizonte”

O vindeiro venres 9 de agosto, ás 22:00 horas, a cantante e música Guadi Galego ofrecerá un concerto no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Esta actuación, integrada na programación cultural do Concello de Ames, enmárcase na celebración das festas da Peregrina de Bertamiráns. A entrada será libre e de balde. O concerto está financiado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Miércoles, 07 de agosto de 2024
O pintor amesán Javi Penedo gaña o primeiro premio no concurso de debuxo do XI encontro Corazón da Artesanía

A primeira fin de semana de xullo celebrouse o XI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia nos pendellos de Agolada, en Pontevedra. Nesta cita estivo presente o pintor, debuxante e poeta amesán Javi Penedo, que obtivo o primeiro premio do concurso de urban sketching polo seu diario gráfico sobre este encontro de artesáns.

Martes, 06 de agosto de 2024
Os Seráns de Ames chegan o 8 de agosto a Agrón da man do grupo A banda de Nash

Este xoves, 8 de agosto, o campo da festa de Agrón acollerá por primeira vezos Seráns de Ames. Esta iniciativa, que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto, acolle nesta ocasión a sexta xornada co concerto do grupo “A banda de Nash” ás 20:00 horas. Premendo nesta ligazón podes consultar o cartel ao completo dos “Seráns de Ames”.