Actualidade

Ex., 07-02-2025
Ex., 07-02-2025
Luns, 21 de outubro de 2024
Jorge Puig Malvar e Eva Piñel Lorenzo gañan a proba absoluta 10K da XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames

O concello de Ames acolleu onte unha nova edición da carreira pedestre popular que se desenvolveu na localidade de Bertamiráns e a súa contorna. Na proba absoluta 10K masculina o gañador foi Jorge Puig, cun tempo de 32.24.Na segunda posición quedou Hugo García, cun tempo de 32.26, e terceiro foi Fernando Vales, cun tempo de 32.31. Na categoría feminina a gañadora foi Eva Piñel, cun tempo de 36.15. A segunda posición foi para Leticia Barbosa, cun tempo de 39.07, e na terceira posición quedou Ainoa Gontán, cun tempo de 39.54. Esta proba pertence ao X Circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Premendo nesta ligazón podes consultar as clasificacións da carreira pedestre.

Venres, 18 de outubro de 2024
Preto de 1.200 corredores participarán na XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames

Este domingo, 20 de outubro, celebrarase de novo a Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames, que alcanza a súa vixésimo terceira edición. A proba contará cun circuíto urbano de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. Nesta edición hai inscritas máis de 1.196 persoas: arredor de 500 nas categorías absoluta e sub-18, mentres que nas categorías escolares hai 700 rapaces e rapazas inscritos. Non se admiten inscricións fóra de prazo nin o día da carreira. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

Xoves, 17 de outubro de 2024
O karateka amesán Raúl Rodríguez consegue a medalla de ouro no Campionato Galego Cadete, Junior e Sub21

O pasado domingo, 13 de outubro, celebrouse en Ferrol o Campionato Galego Cadete, Junior e Sub21. Nesta cita, o deportista amesán Raúl Rodríguez, obtivo a medalla de ouro na categoría kumite cadete <57kg.

Luns, 14 de outubro de 2024
A Sociedade Ximnástica Pontevedra gaña o Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto

O Concello de Ames organizou, co control técnico da Federación Galega de Atletismo, a primeira edición do Cros Concello de Ames. O evento deportivo comezou ás 11.00 horas coa disputa do Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto, no que gañaron os/as atletas da Sociedade Ximnástica Pontevedra. A continuación, disputáronse as probas sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10, femininas e masculinas. As probas realizáronse o sábado pasado, 12 de outubro, na localidade de Aldea Nova, ao carón das pistas municipais de tenis de dita localidade. Nas categorías escolares inscribíronse 102 rapaces e rapazas, mentres que no campionato galego de remudas participaron 48 atletas (12 equipos de catro participantes cada un, con dúas mulleres e dous homes por equipo). Preme nesta ligazón para ver a galería de imaxes do Cros Concello de Ames.

Sábado, 12 de outubro de 2024
Preséntase a XXIII Carreira pedestre popular Concello de Ames que se celebrará o domingo 20 de outubro

O Salón de Plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación da XXIII Carreira pedestres popular do Concello de Ames, que se vai a celebrar o domingo 20 de outubro en Bertamiráns e na súa contorna. A proba contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 16 de outubro, ás 23:59 horas, e pode realizarse a través da web www.emesports.es cubrindo o formulario de inscrición. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o día da carreira. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

Xoves, 10 de outubro de 2024
150 atletas participarán no Cros Concello de Ames – Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto

O Concello de Ames organiza, co control técnico da Federación Galega de Atletismo, a primeira edición do Cros Concello de Ames, que será a súa vez Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto. As probas realizaranse este sábado, 12 de outubro, na localidade de Aldea Nova, a carón das pistas municipais de tenis de dita localidade. Nas categorías escolares inscribíronse 102 rapaces e rapazas, mentres que no campionato galego de remudas hai 48 atletas inscritos/as (12 equipos de catro participantes cada un, con dúas mulleres e dous homes por equipo). Nesta edición do campionato da Xunta de Galicia incrementouse a participación en 4 equipos respecto da pasada edición.

Luns, 07 de outubro de 2024
O equipo feminino sub14 do club MillaRaio clasifícase para o campionato de España por equipos

O club de atletismo MillaRaio remata a tempada de aire libre con grandes resultados. Despois de obter moi bos resultados no campionato autonómico, o equipo sub14 feminino do clube participará no campionato de España sub14 por equipos esta fin de semana, onde competirá con trinta clubes de todo o país.

Luns, 30 de setembro de 2024
O F.C. Meigas enfrontase ao Pescados Rubén Burela na Copa Galicia

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación do partido de cuartos de final da XVIII Copa Galicia de fútbol sala feminino, que vai enfrontar ao F.C. Meigas co Pescado Rubén Burela. Dito encontro disputarase este mércores, 2 de outubro, ás 21.00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns. O F.C. Meigas clasificouse para os cuartos de final despois de gañarlle na fase previa ao C.D. Mosteiro de Bembrive. As entradas para poder ver o partido poderanse mercar na billeteira do pavillón dende unha hora antes do inicio do partido.

Luns, 30 de setembro de 2024
Ambiente familiar e festivo no VI Día do Deporte celebrado no Milladoiro

O pasado venres, 27 de setembro, a Concellería de Deportes organizou por sexto ano consecutivo o Día do Deporte, unha proposta que busca promover o deporte e a actividade física entre a veciñanza amesá. Durante esta xornada, que se desenvolveu na área deportiva do Milladoiro,  houbo unha ampla oferta de actividades e inchables para os máis pequenos dos que desfrutaron as numerosas familias se achegaron ata o Milladoiro. Este evento contou coa colaboración da Deputación da Coruña.

Venres, 27 de setembro de 2024
Aroha Traba, do club de patinaxe Omega, consegue a medalla de prata no Campionato Galego

A pasada fin de semana, os días 21 e 22 de setembro, celebrouse en Ribeira o Campionato Galego de Patinaxe Benjamín a Infantil. Neste evento, a patinadora Aroha Traba Castiñeiras, do CPA Omega e orixinaria de Ames, proclamouse subcampioa galega na categoría Alevín feminino. Este logro permitiralle participar no Campionato de España que se celebrará en outubro en Pamplona.