Actualidade
![Participa nas actividades deportivas e terapéuticas de verán: taichi, ioga, camiñadas e aquagym Participa nas actividades deportivas e terapéuticas de verán: taichi, ioga, camiñadas e aquagym](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/06/dinamizacion_nas_piscinas_copia.jpg?itok=3k7LhC3Q)
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, organiza unha nova edicións das actividades deportivas e terapéuticas de verán que se desenvolverán en Bertamiráns e no Milladoiro durante os meses de xullo e agosto. As actividades de ioga e taichi impartiranse en horario de mañá, mentres que a actividade de aquagym e as camiñadas serán en horario de tarde. As actividades son gratuítas, e non é necesaria inscrición previa.
![Borja Golán recibirá a medalla do Concello de Ames no acto do Día de Galicia 2024 Borja Golán recibirá a medalla do Concello de Ames no acto do Día de Galicia 2024](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/06/borja_golan_bicampion_europeo2.jpeg?itok=Okkl4x_V)
O Concello de Ames vai a recoñecer a traxectoria e palmarés do deportista amesán, Borja Golán, que o pasado ano anunciou a súa retirada do deporte profesional. Entregaráselle a medalla do Concello de Ames no acto do Día de Galicia 2024. Así foi acordado por unanimidade na Xunta de voceiros celebrada o pasado 14 de xuño. Borja Golán é o mellor xogador da historia do squash español con 17 campionatos de España e dous campionatos de Europa. Ademais, sumou 21 europeos consecutivos xogados con España desde 1999. Foi o primeiro xogador de fala hispana en meterse dentro do top 10 mundial (setembro de 2009) e chegou a ser top 5 do mundo en abril de 2014. Estivo imbatido en España durante 17 anos consecutivos (maio 2002- febreiro 2019).
![O Concello realiza un acto de homenaxe a equipos e deportistas amesáns O Concello realiza un acto de homenaxe a equipos e deportistas amesáns](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/06/acto_deportes14.jpg?itok=MUr4R053)
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este martes, 18 de xuño, pola tarde, un acto de recoñecemento a equipos e deportistas amesáns que destacaron ao longo da temporada 2023-2024. O alcalde e concelleira de Deportes foron os encargados de entregarlles un pequeno obsequio en recoñecemento dos éxitos logrados durante a tempada que vén de rematar. Os recoñecementos grupais foron para o equipo de infantís do Bertamiráns FC, equipo cadete do Milladoiro SD, primeiro e segundo equipo de xuvenís do Bertamiráns FC, e mailo equipo do Club Voleibol Bruxas. Ademais, os recoñecementos individuais foron para Nicolás Collazo, Saúl Berdullas, Marcos Gómez, Iván Gutierrez, Olivia Parga, Pablo Hernández e Atila Antelo, que non puido asistir a dito acto.
![Os clubs e entidades deportivas de Ames ofrecen 9 campus e campamentos este verán Os clubs e entidades deportivas de Ames ofrecen 9 campus e campamentos este verán](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/06/campamentos5.jpg?itok=bkRNWjpm)
Ames acollerá ao longo deste verán 9 campus e campamentos deportivos, organizados por clubs e entidades deportivas locais coa colaboración do Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, e da Deputación da Coruña. Deste xeito, a rapazada amesá poderá escoller entre propostas de fútbol, patinaxe, atletismo, fútbol sala ou baloncesto, con propostas para idades dos 4 aos 18 anos, de xuño a setembro. Todas as iniciativas que comprenden a oferta contribúen á conciliación e á aprendizaxe dos valores do deporte.
![O 21 de xuño celébrase unha xornada de ioga no parque do Ameneiral O 21 de xuño celébrase unha xornada de ioga no parque do Ameneiral](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/06/post_de_instagram_clases_de_yoga_minimalista_beige_61.png?itok=PSsNWp38)
O centro de ioga Zona Zen, en colaboración do Concello de Ames a través da concellería de Promoción da Saúde, organiza unha xornada de ioga para celebrar o día internacional desta disciplina. A actividade terá lugar o venres 21 de xuño no parque do Ameneiral (Bertamiráns), en horario de 19:00 a 20:30 horas. Para participar é preciso inscribirse. O custo da inscrición son 6 euros, cos que se agasalla un boleto do Sorteo do Ouro de Cruz Vermella.
![Organízase unha xornada de portas abertas de piragüismo con barcos dragón Organízase unha xornada de portas abertas de piragüismo con barcos dragón](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/06/xornada_barco_dragon_portada.jpg?itok=aOp0XiXA)
Os Concellos de Ames e Brión, xunto co Club de piragüismo Ribeiras do Tambre, organizan unha xornada de portas abertas de piragüismo, que se desenvolverá no lugar de Ponte Ínsua - Ons (Brión), o sábado 22 de xuño, entre as 10:00 e as 14:00 horas. Nesta xornada os/as participantes navegarán nun barco dragón, unha embarcación de 12,5 metros cunha tripulación de 22 padexeiros/as. Á xornada poderán asistir todas aquelas persoas maiores de 8 anos interesadas, sempre e cando saiban nadar. Para participar nesta actividade gratuíta é necesaria a inscrición previa a través do correo electrónico info@ribeirasdotambre.es . Haberá que levar traxe de baño, camiseta e chancletas.
![Imaxe da piscina do Milladoiro Imaxe da piscina do Milladoiro](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/06/piscina_milladoiro_portada.jpg?itok=9WqpaGIl)
Hoxe sábado, 15 de xuño, comeza oficialmente o período estival en Ames xa que as piscinas descubertas municipais e a praia fluvial de Tapia abren ao público por primeira vez este ano. O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns será de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura será de 15:00 a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11:00 a 21:00 horas. Durante estes horarios haberá servizo de vixilancia e socorrismo. Antes da apertura realizáronse traballos de acondicionamento e mellora nestas instalacións. Nos vasos das piscinas de Tapia e do Milladoiro realizáronse melloras de impermeabilización. As obras de Tapia tiveron un custo de 42.196,85 euros (IVE incluído), mentres que as obras da piscina do Milladoiro non tiveron custe porque houbo que realizalas pola deficiente execución das obras de mellora realizadas en 2023 en dita piscina.
![Aberto o prazo para inscribirse nos cursos de iniciación ao piragüismo que se imparten na praia fluvial de Tapia Aberto o prazo para inscribirse nos cursos de iniciación ao piragüismo que se imparten na praia fluvial de Tapia](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/06/cartel_page-0001_copia.jpg?itok=DK3aqBi2)
Un ano máis o Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza os cursos de iniciación ao piragüismo, que se desenvolverán durante a última semana de xuño e mailos meses de xullo e agosto, na praia fluvial de Tapia. Ditos cursos, que están dirixidos a nenos e nenas nados/as do 2010 a 2016, impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de 10.45h a 12.00 horas. Para participar nesta actividade é imprescindible saber nadar. As prazas son limitadas, polo que é importante inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal.
![Aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación nas piscinas descubertas municipais Aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación nas piscinas descubertas municipais](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/06/cartel-1_page-0001_copia.jpg?itok=Gvk8VhL8)
Hoxe, 12 de xuño, abre o prazo de inscrición para a primeira quenda dos cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. En agosto realizaranse unha nova quenda de cursos de natación, para os que será necesario inscribirse entre o 15 e o 28 de xullo. Estas actividades terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña. As inscricións hai que tramitalas a través da plataforma Cronos.
![O II Aberto de San Xoán celebrarase do 22 ao 30 de xuño O II Aberto de San Xoán celebrarase do 22 ao 30 de xuño](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/06/cartel_copia.jpeg?itok=p3uH4_LV)
Entre o 22 e o 30 de xuño, as pistas de tenis de Aldea Nova acollerán a segunda edición Aberto de San Xoán, un torneo de tenis organizado polo club de tenis Val da Maía en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Ames. As persoas interesadas en participar poden inscribirse nesta ligazón ata o 17 de xuño ás 22:00 horas. A cota de inscrición é de 17 euros. As bases do torneo poden consultarse premendo nesta ligazón.
- ‹ anterior
- 8 de 53
- seguinte ›