Actualidade

Ex., 04-02-2025
Ex., 04-02-2025
Mércores, 16 de setembro de 2020
Imaxe dos traballos feitos na parroquia de Agrón

Dende o pasado 3 de xullo o Concello de Ames conta cunha capataz e un peón que forman a nova brigada Aprol Rural. Trátase dun grupo de traballo que realiza traballos de acondicionamento de biomasa naquelas parcelas e camiños de propiedade municipal que o precisen. Transcorridos dous meses de traballo, as labores de acondicionamento dos camiños da parroquia de Agrón pertencentes a clasificación de prioridade media e alta están xa rematadas o que supuxo o xestión de 10 camiños cunha superficie total de 7.000 metros cadrados. O persoal de dita brigada estará contratado ata o 2 de abril de 2021, durante noves meses, e está previsto que actúe sobre unha superficie de 9,5 hectáreas.

Martes, 15 de setembro de 2020
Imaxe do campamento urbano da Aula da Natureza

O Concello de Ames organiza para todos os veráns un programa de campamentos municipais. Este ano houbo varias novidades. Deste xeito, ampliouse a oferta da Concellaría de Transición Ecolóxica respecto dos campamentos urbanos que se desenvolven nas instalacións da Aula da Natureza. O programa de campamentos municipais rematou o pasado 5 de setembro coa finalización do campamento que se realizou na Granxa escola O Kiriko, en Fornelos de Montes. Entre os campamentos dirixidos ao alumnado de primaria, secundaria e bacharelato, así como a rapazada que participou nas actividades da Aula da Natureza, en total este verán participaron neste programa 228 rapaces e rapazas.

Luns, 03 de agosto de 2020
Atopouse todo tipo de lixo

Preto de 30 persoas participaron o pasado sábado na andaina-limpeza que a Asociación “O Cantiño” de Quistiláns e maila “Plataforma pola recuperación do río Sar” promoveron para reivindicar o coidado da paraxe do río Roxos que discorre á altura da antiga fábrica de papel e chega até o pé do cemiterio dos Batáns, coñecida pola veciñanza de Quistiláns como río do Pego. Os participantes dividíronse en dous grupos e atoparon tanto refugallos que levaban moito tempo nas augas, como desperdicios recentemente guindados ao río. O Concello de Ames, que apoiou a acción a través da concellaría de Transición Ecolóxica, enviou unha brigada para recoller as bolsas de lixo que os organizadores deixaron amoreadas nun punto identificable e de fácil referencia.

Xoves, 30 de xullo de 2020
Cartaz que anuncia a andaina limpeza no Río do Pego

A Asociación veciñal “O Cantiño” de Quistiláns e a Plataforma pola recuperación do Río Sar, convocan á veciñanza a unha andaina-limpeza do Río do Pego que se desenvolverá o sábado 1 de agosto a partir das 19:00 horas. Con esta acción pretenden reivindicar esta paraxe de gran riqueza natural, antropolóxica, inmaterial e patrimonial e poñer o foco de atención sobre a necesidade de coidar o río e non emporcar de lixo as súas augas. Calquera persoa que queira colaborar deberá levar máscara e luvas. O Concello, a través da Concellaría de Transición Ecolóxica, apoia a iniciativa e anima á veciñanza a participar dela.

Xoves, 23 de xullo de 2020
A nova brigada Aprol Rural que reforza o traballo realizado a través do Plan de prevención de incendios forestais

Dende o pasado 3 de xullo o Concello de Ames conta cunha capataz e un peón que forman a nova brigada Aprol Rural. Trátase dun grupo de traballo que realizará traballos de acondicionamento de biomasa naquelas parcelas e camiños de propiedade municipal que o precisen. Co fin de rendibilizar o máximo os traballos de acondicionamento destes camiños, as actuacións abordaranse parroquia a parroquia, sendo as máis urxentes polo número de camiños en mal estado as de Agrón, Trasmonte e Ames, supoñendo unha superficie de actuación de 9,5 hectáreas. O persoal des dita brigada estará contratado ata o 2 de abril de 2021, durante noves meses, e contan co material necesario para desenvolver ditos traballos.

Xoves, 23 de xullo de 2020
Preto de cen nenos e nenas de primaria desfrutan este verán dos campamentos organizados pola Aula da Natureza de Ames

Ao redor dun cento de rapaces e rapazas de primaria de Ames desfrutan este ano dos campamentos de verán que organizou  a Aula de Medio Ambiente en varios espazos especializados neste tipo de actividades. A rapazada  comparte experiencias na natureza, fai rutas de sendeirismo, visita lugares novos, practica deportes de auga, participa en xogos cooperativos e veladas nocturnas. Este ano os campamentos elixidos foron: “Corazón de Carballo” en Tomiño, “Naturmaz” en Mazaricos, “Alvarella” nas Fragas do Eume e “O Terrón”, en Vilanova de Arousa. Está pendente que 50 rapaces e rapazas viaxen a “El Kiriko” en Fornelos de Montes, un dos campamentos estrela aos que leva acudindo a rapazada de Ames desde hai anos. A estadía será do 31 de agosto ao 5 de setembro e poderán acudir rapaces e rapazas de 6 a 14 anos. Aínda quedan prazas dispoñibles. Quen queira apuntarse pode facelo até o día 31 de xullo, enviando un correo a auladanatureza@concellodeames.gal. Cómpre salientar que este verán extremáronse as medidas de seguridade e de prevención da COVID19.

Sábado, 18 de xullo de 2020
Rapazada no campamento urbano

Traballos na horta, xogos, obradoiros, excursións, visitas á praia, aprendizaxe lúdica sobre plantas medicinais e fósiles, cociña divertida, deporte, teatro, cancións... O Campamento Urbano de Natureza ampliou quendas este ano e por primeira vez incluíu comedor na primeira delas. 65 rapaces e rapazas participan en total nas tres quendas. Algúns deles repiten dunha para outra. Moitos e moitas levan asistindo a esta actividade, verán tras verán, desde que eran uns e unhas cativiñas. O campamento urbano desenvólvese en plena natureza. A sede é a antiga escola de Quintáns, na parroquia da Ameixenda, remodelada seguindo criterios de bioconstrución e perfectamente integrada no entorno rural onde se atopa.

Xoves, 09 de xullo de 2020
Máis de 20 persoas asistiron á presentación do plan

“Calma e que cada un actúe segundo o plan previsto”. Así se pronunciaba  o alcalde, José Miñones, na presentación do Plan de Prevención de Incendios que onte reuniu no pazo da Peregrina a unha vintena de persoas implicadas na loita contra o lume no Concello de Ames. O Plan determina a categoría dos lumes segundo a súa gravidade, contempla os pasos que se deberán dar en cada un dos casos, recolle o inventario de medios propios e concertados dos que dispón o Concello, fai un resume da loxística que se debe seguir e reúne os contactos e teléfonos das persoas e grupos involucrados nesta lide contra o lume. Un mapa de ruta que, sen dúbida,  facilitará a actuación de cada un dos sectores implicados en caso de producirse un incendio no noso Concello.

Sábado, 27 de xuño de 2020
Cartel do programa de Campamentos de Verán 2020

O Concello de Ames publica os impresos para realizar as inscricións nos campamentos de verán 2020. As Concellarías de Medio Ambiente e Mocidade ofrecen, a través deste programa, 252 prazas repartidas entre 9 campamentos diferentes que se desenvolverán en diferentes datas entre o 6 de xullo ao 5 de setembro. Os prazos de matrícula varían segundo o campamento de destino elixido. Ao pé desta nova podes descargar a documentación necesaria para realizar a inscrición.

Martes, 16 de xuño de 2020
Campametos de Verán 2020

O Concello de Ames publica o seu programa de campamentos municipais para este verán, a través do cal ofertan 252 prazas repartidas entre 9 campamentos diferentes que se desenvolverán en diferentes datas entre o 6 de xullo ao 5 de setembro. O prazo de preinscrición ábrese hoxe, martes 16 de xuño, ata o próximo sábado 20 de xuño. A preinscrición para este servizo realizarase enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal no caso dos campamentos de educación primaria e a omix@concellodeames.gal para os campamentos de secundaria e bacharelato. Hai que enviar o impreso de preinscrición que se encontra ao pé desta nova. Preme aquí para consultar os prezos públicos dos campamentos de verán 2020.