Actualidade
O Concello de Ames publica o seu programa de campamentos municipais para este verán, a través do cal ofertan 252 prazas repartidas entre 9 campamentos diferentes que se desenvolverán en diferentes datas entre o 6 de xullo ao 5 de setembro. O prazo de preinscrición ábrese o próximo martes 16 de xuño e estará aberto ata o día 20 de xuño. A preinscrición para este servizo realizarase enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal no caso dos campamentos de educación primaria e a omix@concellodeames.gal para os campamentos de secundaria e bacharelato. Hai que enviar o impreso de preinscrición que se encontra ao pé desta nova. Preme aquí para consultar os prezos públicos dos campamentos de verán 2020.
O programa "En Ames, Naturalmente" busca que as nenas e nenos volvan a relacionarse con persoas da súa idade a través da natureza. Os campamentos, que se realizarán en diferentes quendas entre os meses de xuño e xullo nas instalacións da Aula da Natureza do Concello de Ames, están destinados ao alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria. Cada quenda conta con 30 prazas e o seu prezo é de 50 euros. Para realizar a preinscrición, compre enviar un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal no caso dos campamentos de Educación Primaria e omix@concellodeames.gal no caso dos campamentos destinados a Educación Secundaria.
A Concellería de Transición Ecolóxica e Medio Rural, a través da Aula da Natureza, tiña programado para esta primavera un curso de horta sostible. Pero debido ás circunstancias por todos coñecidas de illamento social, non se puido levar a cabo. Por iso, a Aula ofrece unhas instrucións e consellos para que os nosos autocultivos de produtos desta tempada sexan un éxito.
O Concello de Ames informa de que, no día de hoxe, publicouse a Orde do 27 de abril de 2020 pola que se modifica a Orde do 23 de marzo de 2020 pola que se adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación coa Covid-19, en cumprimento do acordo do Centro de Coordinación Operativa da Emerxencia Sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 18 de marzo, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias. Os principais cambios afectan a aquelas persoas con cultivos e viñedos considerados de autoconsumo (fins non comerciais), xa que agora poderán desprazarse dentro do termo municipal para levar a cabo as tarefas de mantemento e atención dos seus cultivos e viñedos e, en caso de que se encontre noutro termo municipal, este desprazamento poderá facerse ate unha distancia de 5 km dende a súa vivenda habitual.
O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, achéganos a observación e seguimento da chegada, aniñado e cría dos polos de andoriñas e cirrios. Unhas aves que chegan ao noso concello na primavera, despois dunha longa viaxe para realizar nas nosas terras a reprodución, alimentación e aprendizaxe dos seus polos. Por iso, a Aula da Natureza anima a veciñanza amesá, amante da natureza a participar, con diversas actividades propostas no documento anexo ao pé desta nova, na conservación e coñecemento destas aves.
Coa intención de facer máis levadeiro este período de confinamento, a Aula da Natureza do Concello de Ames irá publicando na páxina web municipal diferentes actividades para realizar na casa. Desta volta, proponse un obradoiro artesanal de xabón, co que as familias poderán elaborar os seus propios xabóns coñecendo as particularidades e gamas que ofrece a súa realización. Ao pé desta nova podes acceder ás instrucións e coñecer máis en profundidade as características desta primeira actividade para realizar no fogar. A elaboración do xabón correrá a cargo dun adulto, mentres que os nenos e nenas da casa poderán colaborar nunha segunda fase de acabado e ornamentación.
urante este curso 2019-2020, o CEIP de Barouta está realizando, xunto coa Aula da Natureza do Concello de Ames, un amplo traballo de recuperación do xeito de vida en Ames no pasado recente. Desta maneira, a Aula da Natureza deseñou unha enquisa que foi repartida entre o alumnado do colexio, para que a cubriran preguntándolles aos seus avós, avoas, bisavós ou veciños maiores. Agora, coas enquisas todas cubertas, xa se comezan a recompilar os datos e analizar os resultados.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, comezou neste mes de marzo a facer o reparto do material para o trampeo da avespa velutina. O persoal do departamento de Medio Ambiente será o encargado de ceder 100 trampas e 100 unidades de líquido atrainte de raíñas. Ao tempo que se fai cesión de dito material achegarse unhas instrucións básicas sobre a colocación das trampas e a utilización do líquido atrainte. Dende o Concello farase un seguimento e avisarase, unha vez finalizado o período de trampeo, sobre a conveniencia de retirar as trampas para non danar outras especies.
A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de licitación do servizo de redacción de proxecto e dirección facultativa da actuación de mellora da eficiencia enerxética no alumeado do rural. Dita actuación ten un orzamento de execución de 1.470.288,94 euros. O 80% do orzamento total será sufragado con fondos europeos concedidos polo IDAE, mentres que o 20% restante, 294.057,80 euros, serán sufragado con fondos propios municipais. Deste xeito, vanse substituír 4.540 puntos das parroquias amesás. Estes puntos para substituír englóbanse en 120 centros de mando, que tamén serán reformados, representando o 69% do total de centros presentes no termo municipal.
A Concellaría de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, a través da Aula da Natureza, organiza un curso de horta sostible, que se desenvolverá durante seis sábados dos meses de marzo, abril, maio e xuño, no viveiro municipal situado en Barouta. Este proxecto enmárcase dentro do programa de actividades que se van desenvolver no viveiro municipal. Ademais, o Concello vén de solicitar unha axuda para acondicionar estas instalacións co obxectivo de integrar diferentes actividades nun mesmo espazo para unha mellor comprensión da sostibilidade.
- ‹ anterior
- 20 de 23
- seguinte ›