Actualidade
A Aula da Natureza está desenvolvendo numerosas actividades dentro da súa programación de outono. Nesta ocasión prepárase un obradoiro de elaboración de xoias artesanais que se crearán a partir de materias atopadas no monte. Organízanse dúas sesións: unha para adultos, que terá lugar este sábado 19 de novembro, e outra para rapaces e rapazas de entre 10 e 16 anos, que será o sábado 26. Para ambas haberá servizo de autobús dende O Milladoiro e Bertamiráns. O prazo para anotarse xa está aberto, e para participar só é necesario enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.
A Aula da Natureza organiza unha nova actividade dentro da súa programación deste outono. Trátase dun obradoiro de artesanía no que cada participante elaborará o seu propio tapiz con fibras naturais e nós de macramé. O taller terá lugar os días 12 e 13 de novembro nas instalacións da Aula, no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia da Ameixenda, e haberá servizo de autobús dende O Milladoiro e Bertamiráns. Para participar é necesario inscribirse previamente. O prazo de inscrición estará aberto ata o 11 de novembro. Hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal
A II edición da Feira do Monte “Tanto monte, monte tanto” pechouse este sábado na parroquia de Trasmonte, en Ames, cun gran éxito de público e de participación. A cita, que contou coa presenza do alcalde Blas García, do concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Manuel Lens, e do vicepresidente da Deputación de A Coruña, Xosé Regueira, acadou unha vez máis o seu obxectivo de por en valor os oficios ligados ao monte, suliñando a importancia social, ambiental, cultural e económica do monte galego. A esta cita tamén asistiron varios/as concelleiros/as do grupo de goberno e dos grupos do Partido Popular e de Ciudadanos con representación na Corporación municipal. Premendo nesta ligazón podes ver unha ampla galería de fotos da II Feira do Monte.
Ames acolle este sábado, 29 de outubro, a II Feira do Monte “Tanto monte, monte tanto”. O evento, que busca recuperar os oficios ligados ao monte, celebrarase na parroquia de Trasmonte. O Concello de Ames pretende con este evento valorizar e difundir a importancia social, ambiental, cultural e económica do monte galego. A Feira presenta unha proposta ampliada respecto da primeira edición, con expositores de produtos ligados ao monte, entre outras actividades. Durante o evento realizarase unha obra colectiva de cestería natural.
A Concellaría de Medio Ambiente informa de que segue aberto o prazo para inscribirse na xornada formativa “Pragas e doenzas dos castiñeiros”, impartida por persoal do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós. Será o próximo venres 28 de outubro, de 10:00 a 14:00 horas, no local social de Piñeiro. As inscricións están abertas e poden realizarse ata este xoves, 27 de outubro, enviando un correo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.
O Concello de Ames anuncia o cambio de data da Feira do Monte “Tanto monte, monte tanto”, cuxa celebración estaba prevista para este sábado 22 de outubro. Debido ás inclemencias meteorolóxicas anunciadas, a Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente decidiu adiar o evento ao próximo sábado 29 de outubro. A feira celebrarse no campo da festa da parroquia de Trasmonte co obxectivo de recuperar os oficios ligados ao monte. Preme nesta ligazón para descagar o programa da Feira do Monte.
O Concello de Ames presentou esta mañá a segunda edición da Feira do Monte “Tanto monte, monte tanto”. A feira celebrarse o próximo sábado, 22 de outubro, na parroquia de Trasmonte, co obxectivo de recuperar os oficios ligados ao monte. A presentación contou coa asistencia de Manuel Lens, concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente; Santiago Márquez, concelleiro do Rural e Participación Cidadá; Patricia Reboreda, técnica responsable da Aula da Natureza e Sonia Moure, técnica municipal do departamento de Turismo.
A Concellaría de Medio Ambiente informa de que xa está aberto o prazo para inscribirse na xornada formativa “Pragas e doenzas dos castiñeiros”, impartida por persoal do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós. Será o próximo martes 11 de outubro, de 10:00 a 14:00 horas, no local social de Piñeiro. As inscricións están abertas e poden realizarse ata o 10 de outubro, enviando un correo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.
A Aula da Natureza continúa coa programación de actividades para este outono. Desta volta, abre o prazo de inscrición para as acampadas que se realizarán en dúas quendas nas instalacións da Aula no lugar de Quintáns, na Ameixenda. Poderase participar nesta actividade a fin de semana do 8 e 9 ou 15 e 16 de outubro. Estarán dedicadas ao estudo da fauna das rutas ambientais do concello de Ames. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.
A Aula da Natureza está desenvolvendo as diferentes actividades que compoñen a programación de outono. Deste xeito, para os meses de outubro e novembro ten previsto impartir a actividade “Outono de cogomelos”, que consta de tres saídas para recoller cogomelos que se realizarán os días 1 e 15 de outubro e 26 de novembro. Son tres saídas de campo para mellorar o coñecemento sobre estes apreciados fungos. Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto ata o xoves 29 de setembro, ás 14.00 horas. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.
- ‹ anterior
- 10 de 23
- seguinte ›