Avisos

Ex., 26-04-2025
Ex., 26-04-2025
Luns, 3 marzo, 2025
Na Xunta de Goberno Local do 13 de febreiro de 2025 aprobouse o expediente da terceira licitación, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria, cun único criterio de adxudicación que é o prezo, para a concesión de unidades de enterramento no cemiterio municipal de Os Batáns. Os/as interesados/as deberán presentar ata o 18 de marzo, ás 23.59 horas, a correspondente solicitude para a adxudicación de unidades de enterramento do cemiterio municipal de Ames. A solicitude pódese realizar a través da Sede electrónica ou de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de Bertamiráns e do Milladoiro.
Luns, 3 marzo, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, vén de aprobar a convocatoria de subvencións en especies para as festas populares celebradas no 2025 por asociación e comisións de festas municipais. Con estas axudas búscase fomentar a celebración das Festas e colaborar na súa organización, facendo mais doada o labor que está a desenvolver o tecido asociativo e as comisións de festas do concello no eido da dinamización sociocultural. A contía total desta liña de axudas ascende a 24.000 euros.
Luns, 3 marzo, 2025
O Concello de Ames abre ata o 31 de marzo o prazo para que as persoas usuarias dos servizos complementarios de educación e conciliación poidan preinscribirse ou renovar praza para o vindeiro curso 2025-2026, na Rede de Comedores Escolares e nos programas Bos Días Cole e Tardes Divertidas.
Venres, 28 febreiro, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 28 febreiro, 2025
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso pódense obter os menús do Entroido Lúdico 2025 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 27 febreiro, 2025
A última etapa da volta ciclista "O Gran Camiño" percorrerá o Concello de Ames este vindeiro domingo, 2 de marzo, o que producirá cortes puntuais de tráfico nas localidades do Milladoiro e Bertamiráns.
Mércores, 26 febreiro, 2025
O Concello de Ames colabora na organización dun campionato de dominó, que se desenvolverá na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns. O prazo de inscrición estará aberto ata o 3 de marzo. As inscricións poden facerse na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta iniciativa comezará o día 5 de marzo e desenvolverase dous días á semana (mércores e venres), a partir das 19:00 horas.
Luns, 24 febreiro, 2025
O vindeiro venres, 28 de febreiro, o espazo colaborativo A Proa, situado no Milladoiro, acollerá o obradoiro "Benestar nun mundo cheo de presa e ruído", impartido polo coworker Juan Magariños. O obxectivo desta actividade é fomentar a importancia do autocoidado como ferramenta de benestar clave para lograr ter máis equilibrio na túa rutina diaria e mellorar a calidade de vida. O obradoiro impartirase de 12:00 a 13:30 horas.
Luns, 24 febreiro, 2025
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de nenos e nenas admitidos e excluídos no programa de conciliación Entroido Lúdico 2025, para a EEI do Milladoiro, o CEP Ventín e o CEIP A Maía.
Luns, 24 febreiro, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.