Avisos

Ex., 26-04-2025
Ex., 26-04-2025
Venres, 21 febreiro, 2025
Naturgy informa que, nun prazo estimado de 8 a 12 horas a partir desta comunicación, tense previsto iniciar o vertido no embalse do Tambre, polo que se espera o incremento no caudal do río augas abaixo da presa, e o posible enchido da canle. Recoméndase adoptar medidas preventivas e estar alerta. Se vives ou te desprazas pola zona, extrema as precaucións.
Venres, 21 febreiro, 2025
O Concello de Ames celebra o venres, 7 de marzo, a cuarta edición de InnovAmes, unha xornada de innovación para as empresas amesás e afincadas no noso concello. Esta xornada desenvolverase no pavillón deportivo do Milladoiro. Haberá diferentes conferencias, obradoiros e exposición de stands, xunto coa xa habitual entrega dos premios InnovAmes tanto a empresas innovadoras como a proxectos educativos. O obxectivo deste evento é achegar á cidadanía as últimas tendencias dentro do mundo da innovación e desenvolvidas por empresas do Concello de Ames, xunto coa creación dun espazo no que compartir coñecemento e crear novos enlaces para posibles novos proxectos entre empresas.
Venres, 21 febreiro, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 19 febreiro, 2025
O Concello organiza, por terceiro ano consecutivo, un cocido para as persoas maiores do concello. Trátase dun xantar que se celebrará o martes 4 de marzo, martes de Entroido, a partir das 14.00 horas, no pavillón de Bertamiráns. No xantar servirase cocido para as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Ames. O xantar será gratis, pero haberá que reservar praza chamando, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730 / 669 119 431 / 662 377 044. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 21 de febreiro. Posteriormente, haberá que retirar o tícket do xantar do 24 ao 28 de febreiro na Casa do Concello (departamento de Gabinete de Alcaldía) ou nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Haberá servizo de autobús polas parroquias para acudir ao xantar e volver para casa. Anímase á veciñanza a acudir ao xantar disfrazados.
Luns, 17 febreiro, 2025
Dende o 14 ata o 28 de febreiro estará aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Primavera Lúdica”, que se desenvolverá os días 14, 15, 16 e 21 de abril de 2025. No programa poderán participar familias empadroadas no Concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou de primaria no curso 2024-2025, e que acrediten a necesidade de conciliar a vida laboral coa familiar. A “Primavera Lúdica” ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As familias interesadas deberán entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Venres, 14 febreiro, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 14 febreiro, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 12 febreiro, 2025
Están esgotadas as prazas para participar na actividade de "Rosalía Cantareira", o concerto didáctico de Jara Ortiz que terá lugar este venres 14 de febreiro, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. A través deste concerto didáctico, as crianzas poderán descubrir a parte máis musical de Rosalía de Castro, coñecendo as súas composicións, normalmente inspirados na música popular e tradicional, e tamén cantando algúns dos seus poemas máis recoñecidos.
Venres, 7 febreiro, 2025
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas do programa de conciliación Entroido Lúdico 2025 para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín, e o CEIP A Maía. Poderanse facer subsanacións ata o día 21 de febreiro.
Venres, 7 febreiro, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.