Avisos

Ex., 01-09-2024
Ex., 01-09-2024
Martes, 20 agosto, 2024
O F.C. Meigas dá comezo á nova tempada co lanzamento da súa campaña de abonados "20 anos camiñando xuntxs". Aquelas persoas que o desexen xa poden conseguir o seu abono ou facerse socias premendo na ligazón ao pé deste aviso. Para máis información, podes contactar co club no teléfono 621 04 33 27, a través das súas redes sociais ou enviando un correo electrónico a fcmeigas@gmail.com.
Luns, 19 agosto, 2024
No verán tamén hai espazo para facer deporte. Durante o mes de agosto desenvolverase a actividade “Camiñando no solpor”. A segunda andaina será este xoves, 22 de agosto, no Milladoiro. O punto de encontro será o centro de saúde, ás 20:00 horas. Recoméndase que as persoas participantes leven unha lanterna.
Venres, 16 agosto, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 14 agosto, 2024
Dende o departamento de Medio Ambiente comunican que, ante a previsión meteorolóxica para os días 16 e 17 de agosto, adíanse as Noites de Estrelas previstas para ambas xornadas nos núcleos de Bertamiráns e do Milladoiro. A todas aquelas persoas inscritas se lles reservará a súa praza para a vindeira convocatoria, que será anunciada próximamente.
Mércores, 14 agosto, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Medio Ambiente, informa de que foron cubertas todas as prazas para participar nas Noites de Estrelas do venres 16 de agosto no Milladoiro, e o sábado 17 en Bertamiráns, entre as 21:30 horas e as 00:00.
Mércores, 14 agosto, 2024
Deputación Provincial da Coruña, a través do Convenio de Colaboración para o financiamento da realización das actividades do proxecto “AMES AV LAB” Laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual dende o Concello de Ames (“AMES AV LAB”), dentro do Plan de Emprego Local, concíbese como un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais para impulsar a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o impulso do importante tecido produtivo audiovisual do Concello de Ames.
Luns, 12 agosto, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o nomeamento de funcionario de carreira na praza de técnico do Ciclo Integral da Auga e creación dunha bolsa de emprego, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A toma de posesión no caso dos funcionarios de carreira efectuarase dentro do prazo máximo dun mes a partir da publicación da resolución do nomeamento no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, créase unha bolsa de traballo de Técnicos/as do Ciclo Integral da Auga do Concello de Ames.
Luns, 12 agosto, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a declaración de persoal laboral fixo na praza de traballador/a social e creación dunha bolsa de emprego, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A formalización do contrato no caso do persoal laboral fixo efectuarase dentro do prazo máximo dun mes a partir da publicación do anuncio desta resolución no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, créase unha bolsa de traballo de Traballadores/as Sociais do Concello de Ames (Grupo A2) cos aspirantes que non obtiveron praza no proceso selectivo.
Venres, 9 agosto, 2024
As piscinas do Milladoiro e Tapia regresan de forma inmediata á súa actividade despois dos traballos de mantemento realizados en ambos vasos. Gracias pola compresión e desculpen as molestias.
Venres, 9 agosto, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.