Avisos

Ex., 11-03-2025
Ex., 11-03-2025
Luns, 10 marzo, 2025
Quedan 10 prazas libres para o obradoiro de Batucada que organiza a Escola Municipal de Música de Ames para celebrar o seu 20º aniversario. Esta actividade é de balde e desenvolverase os días 15, 22 e 29 de marzo, en horario de 11.00 a 13.00 horas. Pode inscribirse calquera persoa interesada en participar, só é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta, que se pode descargar ao pé deste aviso, ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal.
Venres, 7 marzo, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 7 marzo, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 6 marzo, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 6 marzo, 2025
Debido ás condicións meteorolóxicas previstas para esta fin de semana, queda adiada a programación do Concello de Ames con motivo do Día Internacional da Muller este 8 de marzo. Deste xeito, a lectura do manifesto finalmente será o vindeiro luns, 10 de marzo, na porta da Casa do Concello ás 12.00 horas. Por outra banda, a carreira da muller "Moitos camiños, mesma meta", queda adiada á espera de poder establecer unha nova data.
Xoves, 6 marzo, 2025
Debido ás condicións meteorolóxicas previstas para esta fin de semana, queda adiada a actividade de Paintball do programa Trouleando prevista para este sábado. En base á dispoñibilidade da instalación, a nova data proposta para realizar a actividade é o 23 de marzo. As persoas apuntadas na actividade teñen ata o día 13 de marzo para comunicar ao departamento de Mocidade, a través do correo electrónico, o interese ou non en participar nesta nova data proposta. Se non se forma un grupo mínimo de 20 persoas ou as condicións meteorolóxicas volven a ser adversas, a actividade quedaría cancelada definitivamente.
Xoves, 6 marzo, 2025
Queda aprazada a sesión dos Encontros Literarios, coa presentación de “Ángeles de Santiago: Génesis” de Alba Sánchez, prevista para o día de hoxe no Pazo da Peregrina debido ás condicións meteorolóxicas. Nas vindeiras xornadas anunciarase unha nova data para esta actividade.
Xoves, 6 marzo, 2025
Queda aprazada a andaina polo Mar de Ovellas programada para este domingo, 9 de marzo, debido ás condicións meteorolóxicas previstas para a xornada. A nova data para a actividade será o 5 de abril. Desde o departamento de Normalización Lingüística, poñeranse en contacto a través do correo electrónico con todas as persoas apuntadas na andaina para confirmar que manteñen o interese en participar ou non na nova data proposta. Manteranse os memos horarios para coller o autobús, sendo as 10.00 horas o horario para a Casa da Cultura do Milladoiro e as 10.15 horas diante do Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
Martes, 4 marzo, 2025
O prazo de inscrición para participar na carreira “Moitos camiños, mesma meta” finaliza mañá, mércores día 5, ás 14 horas. Trátase dunha cita deportiva lúdica e non competitiva, incluída dentro do programa elaborado polo Concello con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.
Luns, 3 marzo, 2025
Xa está aberto o prazo para solicitar as subvencións para a promoción de actividades culturais levadas a cabo polas asociacións culturais no exercicio de 2025. O prazo para solicitar esta axuda, que suma unha contía de 30.000 euros, estará aberto ata o vindeiro luns 31 de marzo.