Avisos
Mércores, 9 outubro, 2024
O Concello de Ames informa de que debido ao desbordamento do rego da Andoriña, afluente do río Tambre, na contorna da área fluvial de Tapia, está cortada a estrada que vai dende Tapia ata Piñeiro. Recoméndase extremar as precaucións e non empregar dita estrada. Ademais, hai que ter precaución na contorna da Ponte Maceira e da área fluvial de Tapia debido ao incremento de caudal do río Tambre.
Martes, 8 outubro, 2024
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) ten preparada a nova programación que se vai impartir nos meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Dentro da programación que se vai impartir inclúese o segundo módulo do curso de alfabetización dixital, que se impartirá nos locais sociais de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Ortoño, Tapia, Ameixenda, Augapesada e Covas. Ademais, impartiranse 4 cursos máis de xeito presencial. Aínda estás a tempo de inscribirte nestas actividades.
Luns, 7 outubro, 2024
O Servizo de Normalización Lingüística informa de que xa están esgotadas as prazas para participar no espectáculo “Cantaxoga”, do programa Apego. Co aforo xa completo, María Campos e Carlos Yus, do grupo Migallas Teatro, interpretarán as cancións máis populares do grupo para bailarmos, cantarmos e rirmos a ritmo de rock, cumbia, rap, reggae, fusión étnica, pasodobre, rumba. A actividade terá lugar este venres, 11 de outubro, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas.
Luns, 7 outubro, 2024
Ata o vindeiro venres 18 de outubro de 2024, está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Nadal Lúdico”, que se desenvolverá os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, e os días 2, 3 e 7 de xaneiro de 2025. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Venres, 4 outubro, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 4 outubro, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Martes, 1 outubro, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes e Promoción da Saúde, fai públicas as listaxes de persoas admitidas nas clases de taichi/chi kung que se impartirán tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. Estas sesións forman parte da oferta de actividades da Escola da Saúde.
Luns, 30 setembro, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a convocatoria e as bases da selección e contratación de catro PSX para o servizo de comedores escolares do Concello de Ames, con cargo á subvención destinada ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do pacto de Estado contra a violencia de xénero, encomendando a preselección aos servizo públicos de emprego.
Venres, 27 setembro, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 27 setembro, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
- ‹ anterior
- 7 de 126
- seguinte ›