Avisos

Ex., 14-07-2024
Ex., 14-07-2024
Venres, 24 maio, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 24 maio, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Martes, 21 maio, 2024
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e Xuventude, informa sobre o resultado do sorteo de prazas para participar no programa municipal de Campamentos de verán 2024. Unha vez publicadas as listas definitivas e mailas listas co resultado do sorteo, a partir do 22 de maio poderase facer a matrícula nos campamentos de verán.
Martes, 21 maio, 2024
Un equipo da Policía Nacional vaise desprazar a Ames co obxectivo de facilitar a renovación ou expedición do Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe) á veciñanza. Tras a primeira fase de recepción dos cidadáns e da documentación, que se fará o día 20 de xuño, os integrantes do equipo móbil da Policía Nacional procederán á impresión física dos DNIs na oficina central de Santiago. Posteriormente, volverán a Ames para entregalos o 21 de xuño. É preciso que os cidadáns acudan de xeito presencial en ambas fases do proceso.
Xoves, 16 maio, 2024
O alcalde, Blas García, recorda mediante un bando que as persoas físicas e xurídicas responsables das parcelas incluídas nas faixas de especial protección de núcleos. Pódese conultar o bando completo ao pé deste aviso.
Xoves, 16 maio, 2024
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames da interrupción programada do subministro eléctrico durante o día 23 de maio na urbanización Pedra Dourada, no lugar de Ventosa, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.
Xoves, 16 maio, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio publicado no BOP da lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo dunha praza de conserxe de centros de ensino.
Xoves, 16 maio, 2024
Un equipo da Policía Nacional vaise desprazar a Ames co obxectivo de facilitar a renovación ou expedición do Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe) á veciñanza. Así, estará o día 20 de xuño no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, de 9:00 a 12:30 horas, con 75 citas dispoñibles. As persoas interesadas en empregar este servizo deben escribir ao enderezo electrónico gabinete@concellodeames.gal ou chamar ao número 881 074 730 para aportar nome, apelidos e un teléfono de contacto.
Xoves, 16 maio, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do DOG de declaración como persoal laboral fixo da praza de axudante – preparador/a deportivo/a.
Xoves, 16 maio, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.