As comisións dependen do Pleno Municipal e están constituídas por unha serie de membros que designan os grupos políticos en proporción ao número de concelleiros/as que cada un deles ten no Pleno.
Funcións:
As funcións das comisións céntranse no estudo, informe e consulta dos temas que se someten ao Pleno, o seguimento da xestión do alcalde e do seu equipo de goberno e a xestión de todas aquelas funcións que o Pleno lle delegue directamente.
Existen cinco comisións informativas que están compostas polos seguintes concelleiros e concelleiras: