Solapas principales

Departamento de Bibliotecas

    • Biblioteca Municipal de Bertamiráns: Praza de Chavián s/n. 15220. Bertamiráns, Ames
    • Biblioteca Municipal de O Milladoiro: Rúa Raxoeira, nº 14 baixo. 15895. O Milladoiro, Ames
    • Horario de atención al público:
      • Invierno: (16 de septiembre al 15 de junio)
      • De Lunes a Viernes: de 9.00 a 20.50h.
      • Sábados: de 9.00 a 13.50h.
      • Verano: (16 de junio a 15 de septiembre)
      • De Lunes a Viernes: de 9.00 a 14.00h.
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
Otros Datos: 
  • Programación actividades bilbiotecas outubro-decembro 2020
  • Funciones:
    • Reunir, organizar y poner a disposición de la comunidad un conjunto equilibrado de materiales bibliográficos, gráficos, audiovisuales o en otros soportes, que permitan el acceso a la información y a ahondar en los distintos campos del conocimiento.
    • Ser en sí misma el centro básico de información del área a la que sirve.
    • Promover, estimular y fomentar el uso de sus fondos entre la ciudadanía, mediante los servicios necesarios y las actividades educativas y culturales complementarias, incidiendo en la población infantil y juvenil y en los colectivos de usuarios/as con características especiales.
    • Cooperar con las demás bibliotecas mediante el intercambio de información, préstamo interbibliotecario y realización conjunta de actividades.
  • Normativa:

-Reglamento de la Biblioteca Municipal de Ames

  • Ley de Bibliotecas de Galicia:

-Descargar PDF.

  • Documentos:

-Catálogo de la Biblioteca.

-Guía de la Biblioteca.

-Inscripción en la biblioteca.

  • Centros de interés:

-Descargar PDF.

  • Secciones por edades:

-Descargar PDF.

  • Desideratas:

-Descargar PDF.

 

Noticias del departamento

O vindeiro xoves 6 de marzo, o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, volverá a acoller unha nova xornada dos Encontros Literarios, desta vez coa presentación de “Ángeles de Santiago: Génesis” de Alba Sánchez. Ademais da autora desta obra de ficción, estará presente durante a charla Mónica de Soto Alberto, profesora de filosofía. O encontro terá lugar o vindeiro xoves 6 de marzo, ás 20.00 horas e, como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.

As bibliotecas amesás celebran unha nova edición dos seus encontros literarios, nesta ocasión acollendo ao xornalista Fernando Franjo e ao seu libro “Memorias do Café Derby (1929-2020)”. Será este xoves 20 de outubro, ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Acompañará ao autor Xosé Antonio López Silva, autor, investigador e crítico, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González.

As Bibliotecas Municipais seguen co seu programa “Encontros Literarios en Ames” coa presentación do libro “En canto a Fraga”, do escritor Alfredo Conde. O acto terá lugar, como é habitual, este xoves 18 de novembro, ás 20:30 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Acompañan ao autor os profesores Xosé Antonio López Silva e Xabier Ron, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. A entrada será libre ata completar aforo.

A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este mércores, 10 de abril, coa presentación da novela “Un taxi verde e un concerto”,  de Tuco Cerviño. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo.

O obradoiro de “Creacontos”, impartido por Andamiaxe, celebrarase este sábado 29 de maio, ás 11.30 horas, na biblioteca de Bertamiráns. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves 27 de maio. As inscricións pódense facer na propia biblioteca, chamando ao número de teléfono 981 88 48 29 ou enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.

Dende hoxe, 7 de outubro, está aberto o prazo para inscribirse nunha nova sesión de animación á lectura que ofrecen as bibliotecas municipais de Ames para a cativada. Nesta ocasión, trátase dun contacontos pensado para nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que terá lugar en tres quendas na biblioteca do Milladoiro. Para participar é necesario anotarse enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal ou chamando ao números 981 530 807. As inscricións para as sesións do mes de outubro en Bertamiráns están pechadas.

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dependente da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, presenta catro novas propostas de animación á lectura entre o público infantil para o primeiro semestre deste ano 2024. As sesións de contacontos están orientadas a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos e desenvolveranse, como ven sendo habitual, tanto na biblioteca de Bertamiráns como na do Milladoiro.

Dende este martes 1 de febreiro están abertas as inscricións das actividades de animación á lectura para a rapazada de Ames de febreiro, propostas polo departamento de Bibliotecas. “1 ovelliña, 2 ovelliñas, 3 ovelliñas...” é a primeira sesión de contos que ocupará os centros amesás, que organizan unha actividade ao mes ata ao mes de maio. A proposta, pensada para nenas e nenos dos 3 aos 8 anos, realizarase por duplicado en ambas vilas, no Milladoiro e en Bertamiráns, con tres quendas en cada lugar, sempre ás 17:30 horas.

As bibliotecas municipais amesás celebran un novo encontro literario co fin de presentar o Caderno Ramón Piñeiro número 44, unha obra colectiva dedicada a celebrar a obra da autora Xela Arias, homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2021. Será o vindeiro mércores 26 de xaneiro, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Presentarán o acto Luís Cochón, editor da publicación; Manuel González, coordinador científico da obra, e o escritor Xosé Ramón Fandiño, acompañados do alcalde de Ames, Blas García, e da concelleira de Cultura, Natividade González. A entrada será libre ata completar aforo.

As Bibliotecas Municipais celebran o último “Encontros Literarios en Ames” do ano co escritor Xosé Luís Santos Cabanas e o seu libro, “É todo conto?”. A presentación será este xoves 16 de decembro, ás 20:30 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Acompaña ao autor o filósofo e editor Roberto Abuín, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. A entrada será libre ata completar aforo.

Eventos del departamento

O departamento de Bibliotecas municipais de Ames organiza unha nova edición dos Encontros Literarios. Estas presentacións, que serven para dar a coñecer novas autoras, autores e proxectos literarios á veciñanza amesán, contaron cunha ampla participación ao longo das edicións de 2021 e 2022.

O Día do Libro, 23 de abril, o Pazo da Peregrina acollerá a entrega de premios do concurso de debuxo sobre o libro e a lectura. Comezará ás 19.00 horas.

Co obxectivo de achegar recursos relacionados coa igualdade e difundir o papel das mulleres na sociedade en igualdade, as bibliotecas municipais de Ames, dende o xoves 4 ata o 13 de marzo, presentará unha exposición temática con fondos para adultos e infantís relacionados coa muller e a igualdade. Ademais, poderase desfrutar dende a súa páxina de Facebook.

Contacontos dirixido a nenos de 5 a 8 anos que terá lugar na biblioteca do Milladoiro. A actividade forma parte de “Boomerang. Espectáculos artístico musicais dende a universidade á comunidade”, recoñecido como proxecto e innovación educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS) pola USC. Para inscribirse é necesario enviar un correo a biblioteca@concellodeames.gal.

Sesión de contacontos de balde na biblioteca do Milladoiro para nenos e nenas de 3 a 8 anos

Sesión de contacontos de balde na biblioteca de Bertamiráns para nenos e nenas de 3 a 8 anos

A Biblioteca municipal de Ames, con motivo do Día Mundial do Teatro que se conmemora o vindeiro 27 de marzo, presenta o obradoiro “Cinemakis”, dirixido para a rapazada a partir de 3º de primaria. A actividade desenvolverase o venres 21 de marzo no Milladoiro e o sábado 22 en Bertamiráns. O prazo de inscrición para participar estará aberto desde o 10 de marzo, ata o vindeiro martes día 18. Para participar, é previso enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal indicando nome, apelidos, curso e idade das crianzas participantes xunto cun número de teléfono de contacto.

A Biblioteca municipal de Ames, con motivo do Día Mundial do Teatro que se conmemora o vindeiro 27 de marzo, presenta o obradoiro “Cinemakis”, dirixido para a rapazada a partir de 3º de primaria. A actividade desenvolverase o venres 21 de marzo no Milladoiro e o sábado 22 en Bertamiráns. O prazo de inscrición para participar estará aberto desde o 10 de marzo, ata o vindeiro martes día 18. Para participar, é previso enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal indicando nome, apelidos, curso e idade das crianzas participantes xunto cun número de teléfono de contacto.

A biblioteca de Bertamiráns acolle o sábado, 5 de outubro, ás 11:30 horas, un “Obradoiro de cómic”, da man de Santy Gutiérrez. Esta actividade estaba prevista para o sábado, 28 de setembro, pero por motivos alleos ao Concello de Ames houbo que adiala ao sábado 5 de outubro.

O mes de setembro comeza nas bibliotecas cun “Obradoiro de cómic” da man de Santy Gutiérrez, que se celebrará o venres 27, ás 17:00 horas, no Milladoiro. As inscricións poderán realizarse do 16 ao 24 de setembro a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, ou chamando ao número de teléfono 981 53 08 07 da biblioteca do Milladoiro.