Actualidade
![O luns 9 abre o prazo de preinscrición nas actividades das Escolas deportivas 2024-2025 O luns 9 abre o prazo de preinscrición nas actividades das Escolas deportivas 2024-2025](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/09/escolasdeportivas2425-1.jpg?itok=COXXedeY)
O luns, 9 de setembro, abre o prazo de preinscrición na nova programación das Escolas deportivas do Concello de Ames para o curso 2024-2025. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 15 de setembro. A xestión realizarase telematicamente a través da páxina web de Cronos. Neste prazo de inscrición, cada persoa só poderá inscribirse nunha escola deportiva e non se permitirá a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade. Non se poderán facer inscricións de xeito presencial. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, realizarase un sorteo o 16 de setembro. Non se conceden as prazas por orde de inscrición. A listaxe de admitidos publicarase o 17 de setembro na páxina web do Concello de Ames.
![Máis dun centenar de rapaces e rapazas participaron nos cursos de natación este verán Máis dun centenar de rapaces e rapazas participaron nos cursos de natación este verán](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/08/whatsapp_image_2024-08-29_at_12.28.26.jpeg?itok=Eh6kjqYM)
O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organizou para os meses de xullo e agosto varios cursos de natación que se están a desenvolver nas piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. Este ano inscribíronse un total de 111 nenos e nenas. Esta iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
![A escola amesá Dokkodo ofrece xornadas de portas abertas de karate no mes de setembro A escola amesá Dokkodo ofrece xornadas de portas abertas de karate no mes de setembro](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/08/portasabertas2024_copia.jpg?itok=kCm8bZrs)
A escola amesá de karate Dokkodo inicia a partir do mes de setembro unha nova tempada deportiva con xornadas de portas abertas, que se desenvolverán na localidade de Bertamiráns de luns a xoves. Os participantes poderán probar a práctica do karate sen necesidade de contar con experiencia previa. Para máis información e inscricións pódese premer nesta ligazón.
![O club Ames Atletismo ofrece xornadas de portas abertas e un campus deportivo no mes de setembro para achegarse a este deporte O club Ames Atletismo ofrece xornadas de portas abertas e un campus deportivo no mes de setembro para achegarse a este deporte](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/08/cartel_portas_abertas_copia.jpg?itok=kqBQvb4e)
O club Ames Atletismo vén de presentar a tempada deportiva 2024/25, que dará comezo a partir de setembro cun mes de portas abertas e un campus deportivo. O club seguirá adestrando tódalas disciplinas do atletismo dun xeito lúdico e adaptándose ás necesidades de cada atleta. Un ano máis, contará coa colaboración do Concello de Ames na cesión de instalacións deportivas e na promoción da programación deportiva.
![Apróbase a concesión de 10.000 euros en bolsas para deportistas de Ames Apróbase a concesión de 10.000 euros en bolsas para deportistas de Ames](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/08/deportes.jpg?itok=x4oMbiHe)
A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 8 de agosto unha nova liña de achegas para a concesión de bolsas para deportistas do Concello de Ames no ano 2024. O importe das bolsas que se van a conceder ascende a 10.000 euros. A finalidade desta convocatoria é apoiar aos/as deportistas individuais de Ames, como medio para promover o deporte do municipio e, desta forma, conseguir logros deportivos para o concello. Premendo nesta ligazón pódense consultar as bases da convocatoria.
![A amesá Verónica Fernández proclámase campioa de España de Boxeo Elite A amesá Verónica Fernández proclámase campioa de España de Boxeo Elite](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/08/veronica_fernandez8.jpg?itok=4hzkT0um)
A finais do pasado mes de xullo, a boxeadora amesá Verónica Fernández participou no Campionato de España de boxeo elite. Fernández, que actualmente adestra no Club Antelo Team do Milladoiro, proclamouse campioa desta categoría tras derrotar na final á cántabra Paola Benavides.
![Cartaz do I Torneo 3x3 de baloncesto de Ames Cartaz do I Torneo 3x3 de baloncesto de Ames](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/08/torneo_bertamirans.jpg?itok=_NHWdVhe)
O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organiza para o venres 9 de agosto a primeira edición do Torneo 3x3 de baloncesto. Será de 16.00 a 21.00 horas na área deportiva de Bertamiráns, xunto ao pavillón polideportivo. Haberá cinco categorías diferentes: U13 mixto, U17 masculino, U17 femenino, sénior masculino e sénior feminino. Este torneo completa a programación das festas da Peregrina, en Bertamiráns, que se celebrarán dende o mércores 7 ata o domingo 11 de agosto. Para participar é necesario inscribirse premendo nesta ligazón. A inscrición é gratuíta. As inscrición pódense tramitar ata o 7 de agosto ás 12.00 horas.
![A compañía Pistacatro chega ao Milladoiro cunha proposta de obradoiros de circo en familia A compañía Pistacatro chega ao Milladoiro cunha proposta de obradoiros de circo en familia](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/07/cartel_pistacatro_portada.jpg?itok=TmtY3wuh)
O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organiza para este venres 2 de agosto unha actividade de circo en familia. Estes obradoiros completan a programación das festas da Madalena, que se celebrarán dende o 2 ata o 6 de agosto. A compañía Pistacatro produtora de soños será a encargada de poñer en marcha no Milladoiro unha Escola de Saltimbanquis para coñecer todos os segredos do mundo do circo. As actividades impartiranse de 17.00 a 19.00 horas na área deportiva do Milladoiro. A partir das 19.00 horas comezará o Millarock cun concerto didáctico e co obradoiro “Sube e Toca”, ás 20:00 horas. Estas actividades do Millarock estarán organizadas pola escola A Casa do Rock.
![Imaxe de arquivo do pavillón do Milladoiro Imaxe de arquivo do pavillón do Milladoiro](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/07/pavillon_milladoiro.jpg?itok=pQJ-gXxa)
Na actualidade estanse executando obras de mellora nos pavillóns polideportivos de Bertamiráns e do Milladoiro por valor de 263.551,59 euros. As obras de reparación da cuberta do pavillón polideportivo de Bertamiráns foron adxudicadas á empresa Excavaciones y Transportes Ivanca SL por un importe total de 169.050,59 euros. Por outra banda, as obras para realizar melloras térmicas e acústicas no pavillón polideportivo do Milladoiro foron adxudicadas á empresa Kaizen Management SL por 94.501 euros. Ditas obras teñen o obxectivo de mellorar estas instalacións municipais que son moi empregadas por asociacións e clubs deportivos ao longo de todo o ano. Os proxectos son sufragados a través do POS+ 2021 e 2022.
![Imaxe de arquivo da piscina do Milladoiro Imaxe de arquivo da piscina do Milladoiro](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2024/07/imaxe_arquivo_piscina.jpg?itok=Cl6clvPG)
Neste período estival de 2024 a Concellaría de Deportes emitiu arredor de 3.600 carnés de usuario/a para facer uso das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Ditos usuarios/as repártense do seguinte xeito: 1.100 corresponden a abonos familiares, 196 a abonos individuais de adulto, 102 son abonos individuais para maiores de 14 anos, e 6 abonos para menores de 14 anos. Tanto as piscinas municipais como a área recreativa de Tapia permanecerán abertas ata o vindeiro 15 de setembro.
- ‹ anterior
- 6 de 53
- seguinte ›