Actualidade

Ex., 17-04-2025
Ex., 17-04-2025
Luns, 17 de febreiro de 2025
Comezan as xornadas de técnicos/as, participantes e voluntarios/as de Special Olympics Galicia

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a inauguración da décimo segunda edición das Xornadas de Técnicos/as, Voluntarios/as e Participantes que organiza a entidade Special Olympics Galicia, coa colaboración do Concello de Ames e subvencionadas pola Conselleira de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia. A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou en ditas xornadas que foron inauguradas polo alcalde de Ames, Blas García. Con esta actividade comeza a tempada deportiva 2025 de Special Olympics Galicia, que durará ata decembro con competicións deportivas cada mes.

Martes, 11 de febreiro de 2025
Retómanse as xuntanzas da Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero

No pasado mes de xaneiro realizáronse dúas sesións de formación para a dinamización da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero baixo a coordinación da Consellería de Política Social e Igualdade. Desta maneira, prosegue o funcionamento deste grupo de traballo que se creou no ano 2016 e no que están representados todos os ámbitos implicados directa ou indirectamente na loita contra a violencia de xénero.

Martes, 11 de febreiro de 2025
A unidade móbil de doazón de sangue estará o 12 de febreiro en Bertamiráns

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores, 12 de febreiro, en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

Luns, 03 de febreiro de 2025
Estrease o equipo de fútbol Calo Genuine no que participan mozos e mozas do Club de diversidade de Ames e de Arcea-Adames

Este domingo tivo lugar a estrea do Calo Genuine, o novo equipo da S.R. de Calo de persoas con diversidade funcional no que participan algúns dos mozos e mozas do Club de mocidade con diversidade de Ames e de Arcea-Adames. Este proxecto nace da colaboración da S.R. Calo cos Concello de Ames e Teo no seu compromiso pola integración das persoas con diversidade.

Mércores, 29 de xaneiro de 2025
A unidade móbil de doazón de sangue estará o 30 de xaneiro en Bertamiráns

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves, 30 de xaneiro, en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

Xoves, 23 de xaneiro de 2025
O Concello aproba a concesión de 43.336 euros en subvencións a trece entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar, o pasado 26 de decembro, a concesión de axudas, por importe de 21.145,18 euros, a 13 entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para a promoción de actividades de servizos comunitarios e inclusión social, correspondentes ao segundo semestre do exercicio 2024. Previamente, na Xunta de Goberno Local do 24 de outubro aprobáronse as axudas do primeiro semestre do exercicio 2024, por un importe de 22.191,10 euros, a 9 entidades  de iniciativa social sen ánimo de lucro. En total, concedéronse 43.336,28 euros para promover actividades complementarias aos servizos sociais, que favorezan a inclusión, a saúde pública ou a formación laboral.

Martes, 21 de xaneiro de 2025
Ames colabora co programa galego de acollida temporal a mulleres defensoras de dereitos humanos Galicia Abriga

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, vén de aboar o pagamento dunha axuda de 2.000 euros, que se enmarca no convenio subscrito coa entidade Solidariedade Internacional de Galicia, co obxecto de colaborar co programa galego de acollida temporal a mulleres defensoras de dereitos humanos denominado Galicia Abriga. Trátase dun programa de acollida temporal para mulleres que defenden os dereitos humanos en países con presenza da cooperación galega.

Domingo, 19 de xaneiro de 2025
Un total de 72 familias de Ames beneficiaranse das axudas municipais para familias numerosas

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar este pasado 28 de novembro a concesión de axudas para as familias numerosas do Concello de Ames. Deste xeito, aprobouse a concesión de 86.400 euros entre 72 familias. A axuda consiste nun pagamento único de 1.200 euros por unidade de convivencia. Á subvención puideron optar as familias numerosas que teñen a súa residencia habitual en Ames ou de maneira ininterrompida desde hai polo menos un ano.

Sábado, 11 de xaneiro de 2025
A unidade móbil de doazón de sangue estará o 13 de xaneiro en Bertamiráns

A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns 13 de xaneiro en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

Mércores, 01 de xaneiro de 2025
Zocos e Trasnos

O Concello de Ames organizou por novena vez consecutiva a campaña “Zocos e Trasnos”, que busca que ningún neno ou nena de Ames quede sen agasallo nas datas de Nadal, independentemente da situación económica da súa familia. O programa chega ao noveno ano de vida cunha participación de 76 persoas no punto de recollida de Bertamiráns e 54 no Millladoiro,  o que fai un total de 130 participantes, máis seis que quedaron en reserva.